Páxinas

29/11/23

Constitución e Estatuto


 

Continúa lendo...

28/11/23

Investigar, criar e cultivar

Hai semanas nas que o ritmo no colexio é frenético e non sempre podemos dar conta de todas as cousas que imos facendo. Nos vindeiros días, tentaremos deixar constancia dalgunhas actividades relacionadas coa biblioteca e co noso proxecto "A granxa dos Pequechás" que fomos desenvolvendo nas últimas xornadas.

Hoxe queremos informar sobre o noso invernadoiro. Como ben sabedes foi instalado no curso pasado dentro do proxecto "A horta dos Pequechás" pero este curso segue plenamente activo, enchéndose de novo de cultivos diversos e aproveitándose de todo o aprendido no ano anterior. Así mesmo, seguimos atendendo o noso galiñeiro, criando novos pitiños coa axuda de Avimos e temos xa todo preparado para recibir a nova inquilina da nosa "granxa": unha ovella de raza galega.

Dende o almacén de Gemma e José Luis chegaron ao centro repolos, leitugas, allos, porros e chícharos que habían compartir espazo cuns tomates cherris ventureiros que fóra de época queren loitar contra o inverno chairego (xa veremos que é deles). Antes de nos poñer mans á obra, pasamos por Biblioromán para aprender algunhas cousas sobre o cultivo destas plantas e despois -cheos de saber e de ganas- procedemos ao transplante, cada curso na parcela que ten asignada e que deberá coidar e regar durante todo o ano.



Continúa lendo...

21/11/23

Xornada bibliotecas escolares de Galicia 2023

O pasado sábado día 18 celebrouse a Xornada de Bibliotecas escolares de Galicia deste ano. Ata alí desprazáronse docentes do CEIP Terra Chá para coñecer outras experiencias e realidades no eido das bibliotecas escolares e continuar traballando para que biblioroman siga medrando.




Continúa lendo...

20/11/23

Vinte de novembro

Día Universal da Infancia. O mural da biblioteca lémbranos que as nenas e os nenos, polo feito de selo, teñen dereitos!!!



Continúa lendo...

17/11/23

Chegou…

 …Anxo Moure coma un trebón a biblioRomán. El viña falarnos de reciclaxe e falounos, e aprendeunos a facer corazóns reciclados coas malas novas das guerras do xornal, pero tamén nos falou de paz, de respecto, de alegría, de bosques e carballos… un furacán de palabras e coñecemento. 

E como agasallo final, asinounos un seu libro que tiñamos na biblioteca.



Continúa lendo...

13/11/23

momentos02

A chuvia foi hoxe a nosa aliada e encheu de vida a biblioteca durante o recreo.



Continúa lendo...

Novidades

O andel de novidades estase enchendo de propostas diversas que xa agardan por vós en Biblioromán.



Continúa lendo...

A mochila viaxeira de... (02)

 ... Nerea, de quinto de Primaria.




Continúa lendo...

12/11/23

A mochila viaxeira de... (01)

 ... Aitana, de segundo de Primaria.




Continúa lendo...

06/11/23

Visita á Casa Grande de Xanceda


Seguimos teimando no colexio de Román en saír da escola e achegarnos a outras realidades, máis próximas ou máis afastadas, apostando por un xeito de aprendizaxe que vai máis alá de aprender exclusivamente nos libros. Dicían as nosas avoas que para aprender: andar ou ler. Na liña do noso proxecto deste ano ("A granxa dos Pequechás", que dá continuidade ao do ano pasado: "A horta dos Pequechás"), os pasados luns e martes desprazámonos ata o concello de Mesía para coñecer o proxecto da Casa Grande de Xanceda.




Continúa lendo...

05/11/23

Tempo de outono. Tempo de contos (II)

O venres foi un día de actividade frenética en Biblioromán. Ademais da visita de Juana Caridad, da que xa vos falamos, coñecemos as persoas gañadoras do Concurso de contos e debuxos do Outono e despedimos as mochilas que van emprender unha viaxe fantástica que vai encher as vosas casas de libros: de diversión e coñecemento.

Parabéns aos premiados, grazas a todos por participar e agardamos os vosos vídeos (cando vos chegue a mochila, saberedes de que estamos a falar).

Continúa lendo...

04/11/23

“Lo que viene, conviene”

Hai un dito cubano que reza Lo que viene, conviene. Non sabemos se isto é aplicable a todas as situacións pero, dende logo, si o é para o que aconteceu onte na biblioteca.

Da man da ANPA e de Clara, chegou ao noso centro Juana Caridad. Emigrante cubana, filla dun emigrante galego, que nos falou da realidade da illa: da parte fea (o bloqueo, a escaseza de alimentos e outras dificuldades que sofre a poboación no día a día), e da parte bonita (da súas xentes, do seu carácter, da bela Habana vieja e da estreita relación que xungue -por obra e graza da emigración- Galicia e Cuba).


Rematou Juana a súa intervención confesándonos que nunca esquecería a visita á nosa escola e agasallounos cun seu libro que fala, precisamente, desta fraternidade cubano-galega. Se queredes saber un pouquiño máis dos pormenores desta irmandade, recomendámosvos que vexades este fermoso vídeo:



Continúa lendo...