Páxinas

20/04/24

Apadriñamentos lectores

Sermos unha escola de aldea e pequena ás veces trae consigo atrancos e problemas, e normas inxustas que nos penalizan ou nos fan de menos; pero tamén implica outras moitas vantaxes e posibilidades. 
Son moitos os centros que organizan actividades formais (e xeniais) para poñer en contacto lectores noveis ou prelectores con lectores máis expertos de cursos superiores. En BiblioRomán non temos que organizar nada, soamente propiciar estes encontros facilitando un espazo axeitado e con libros (a biblio) e un tempo compartido (neste caso, o tempo de lecer) e a "maxia" flúe soa. É rara a semana en que na nosa biblioteca non se produce un apadriñamento lector.
E, por suposto, que vivan as voluntarias de BiblioRomán!


Ningún comentario:

Publicar un comentario