Páxinas

17/03/23

APRENDENDO ENTRE NATUREZA

 Hoxe que fai moi boa mañá,os nen@s de 1° traballamos matemáticas no invernadoiro,no galiñeiro e rematamos sumando e restando no xogo do parchís!!

Recorda si queres que o teu fillo teña unya aprendizaxe desta forma, estás a tempo, ata o 20 MARZO
Dispoñemos: autobuses dende Vilalba, comedor, actividades extraescolares











Continúa lendo...

PLAN PROXECTA MOBILIDADE SOSTIBLE E SEGURA

 O noso centro foi un dos seleccionados para realizar este Plan Proxecta + que ten como obxectivo ntroducir a educación viaria na escola non como a aprendizaxe de normas e sinais para futuros condutores, senón cunha finalidade transformadora que cuestione os modos de mobilidade imperantes e que favoreza a participación do alumnado na elaboración de propostas de mellora que garantan a súa seguridade nos seus desprazamentos e, sobre todo, que promovan modos de mobilidade máis saudables para toda a comunidade.

Hoxe cunha actividade práctica levada a cabo pola Xefatura de Tráfico de Lugo, conseguiron estes obxectivos, e ademáis o alumnado terá unha tempada bicis para todas as idades no colexio, para practicar a sinalización vial no noso circuito.
Un programa máis para aprender contidos con situacións da vida real, de maneira práctica, e dar resposta a un dos obxectivos xerais da LOMLOE que é a seguridade Vial.










Continúa lendo...