Páxinas

10/05/22

DÍA DO LIBRO

 



Para conmemorar o DÍA DO LIBRO tivemos un obradoiro de expresión oral a cargo de Tarabela Creativa, no que o alumnado tivo a oportunidade de elaborar o seu propio conto e xuntos formar o libro das nosas historias.



Tamén visitamos a BIBLIOTECA PÚBLICA DE VILALBA, onde nos explicaron o funcionamento da mesma e nos amosaron, sobre todo, os libros da sección de infantil, que nos gustaron moito. Aquí deixamos algunhas imaxes dese momento:









Xa no cole elaboramos o noso propio libro con fragmentos dos nosos libros preferidos e colgamos todo nun mural:









Continúa lendo...