É habitual que a xente miúda pense que os "maiores" xa o saben todo, que non teñen que aprender ou mesmo que perderon a curiosidade por facelo; e todo isto non é así. Hai un refrán que di: o vello está morrendo e está aprendendo e isto non podía ser máis certo. As persoas adultas tamén necesitamos seguir aprendendo cousas e revisar e poñer en solfa as que xa sabemos e para nós tamén é unha ledicia poder aprender e incorporar novas habilidades e/ou coñecementos.
Esta semana o claustro do CEIP Terra Chá recibiu unha formación sobre imprensión 3D para sermos quen de tirar todo o proveito posible deste tipo de recursos que en pouco tempo teremos tamén no noso centro.
Agradecemos ao CFR de Lugo e a Óscar Maceira un curso que nos vén de abrir unha morea de posibilidades para o traballo na aula.
Ningún comentario:
Publicar un comentario