Páxinas

29/02/24

Aquí xógase co (GA)LEGO


Novo recuncho na biblioteca para dar ás aos vosos afáns de construtores en potencia. Tres quilos de material, máis de dúas mil pezas coas que botar a voar a vosa imaxinación e creatividade. Agardamos por vós en Biblioromán.


Continúa lendo...

26/02/24

A Maleta Viaxeira… (II)

… chega de novo ao colexio. Desta volta con 60 libros e 3 DVD relacionados coas Ciencias. Estarán á vosa disposición en Biblioromán durante dúas semanas.


Continúa lendo...

24/02/24

23 de febreiro. Día de Rosalía

Pasado o Entroido, chegou á escola e á súa biblioteca o Día de Rosalía. Foron diversas as actividades que en todas as aulas estivemos a desenvolver para nos achegar á vida e á obra desta precursora das nosas Letras. A nivel de centro escollemos traballar cos primeiros versos do poema número 16 de Cantares Gallegos, poema no que Rosalía fala do medo que lle produce un moucho na noite escura e de como ela é quen de conxurar este medo. Aproveitamos este traballo para abordar os nosos medos e foron xurdiron coplas ben fermosas e curiosas coma esta que propón Íker Castro:

Eu ben vin estar o lobo

enriba daquela rocha.

Eu xa non che teño medo,

eu voume cantar con Concha.

Tamén acudimos á música e á plástica para a conmemoración deste día, pintando mouchos e a efixie da escritora e gozando coa canción que sobre estes versos fixo Migallas, no seu marabilloso Pan de Millo.

Segue avanzando o curso paseniño e desta volta tocou este alto no camiño para lembrar a tan importante persoeira da nosas cultura, de quen outra das nosas poetas, Luz Fandiño, dixo: 

"Non hai galego de lei que non sinta a Rosalía dentro da ialma..."











Continúa lendo...

15/02/24

Tiramos os dados…


 … e meteron nun apuro a estes alumnos de Primaria. Mañá leremos as marabillosas historias que saíron de cada un dos grupos.


Continúa lendo...

07/02/24

Chegou o Entroido…

… a toda a escola e tamén, claro, a Biblioromán. Seguide os mandados do Meco, estade atentos ás nosas Redes para ver imaxes do desfile de hoxe e vide pola biblioteca aprender moitas cousas sobre esta festa tan divertida.





Continúa lendo...