Páxinas

08/02/21

VACINÁMONOS CONTRA O VIRUS DA VIOLENCIA

 




ESTE 25 DE NOVEMBRO DÍA CONTRA A VIOLENCIA QUIXEMOS VACINARNOS CONTRA TODO TIPO DE MALOS TRATOS,





POR ISO, ELABORAMOS CADA UN A SÚA VACINA DIFERENTE CONTRA TODO TIPO DE VIOLENCIA E XUNTOS COMBATEMOS AO PERIGOSO VIRUS QUE XA NON TEN CABIDA NO NOSO COLE. FIXÁDEVOS QUE BEN QUEDOU.


Continúa lendo...

05/02/21

UN NADAL PEREGRINO E MOITO MÁIS

 DURANTE ESTE NADAL DESENVOLVEMOS DIFERENTES ACTIVIDADES E PASÁMOLO EN GRANDE. 

O primeiro foi engalanar o centro para que cando viñese Papá Noel se puxese moi contento con todo o traballo feito. Nós engalanámolo por dentro e as mamás e papás por fóra e quedou estupendo. Moitas grazas polo traballo feito, os nenos disfrutárono moito. E Papá Noel tamén....fixádevos !!!!.








Dentro do cole tamén fixemos moitas cousas, foi por iso que Papá Noel se puxo moi contento e deunos uns agasallos de chocolate. Non perdades detalle:


Uns CD`S decorados para as árbores de Vilalba


Un fermosos pratos e árbores de Nadal:






E os Reis Magos vixiando a entrada ao noso cole:



Pero ademais tivemos moitas actividades divertidas como a visita do Mago Teto, que nos encantou a grandes e pequenos:


Un contacontos que nos falou de Leopoldo, o pequeno monstro e nos deixou uns debuxos estupendos sobre este libro de mans da súa autora Estefanía Padullés.


Tamén visionamos unha película "Ballerina" xa que non poidemos ir ao cine por mor da pandemia e visitounos a presentadora do Luar virtualmente.
despois despedímola cunha peza tocada con instrumentos musicais tradicionais:








En fin, que fixemos unha festa por todo o alto e pasámolo en grande!
Tedes moitas máis fotos na galería de imaxes na páxina do cole.
Finalmente os profes e o persoal do centro desexamos a todos un feliz nadal cun belén personificado no que aparecemos vestidos de peregrinos camiño ao belén:
































Continúa lendo...