Páxinas

27/02/23

OBRADOIRO DIA DE ROSALIA

 Raquel Queizas ofreceu no centro un obradoiro sobre a vida de Rosalía de Castro, con motivo da súa conmemoración, no cal os nen@s aprenderon moitas cuestión acerca desta figura da literatura galega.

Actividade promovida polo Instituto de Estudos Chairegos







Continúa lendo...

24/02/23

OBRADOIRO CON ABELLAS

 Hoxe no colexio os nen@s coñeceron labores de apicultura.

Puderon ver como é proceso de vida destes insectos, como se produce Mel e cera
Os nen@s aprenderon ciencias naturais con unha actividade real, e cada un fixo unha candea que de seguro alumeará moitas veces nas súas casas.







Continúa lendo...

COMEZAMOS XORNADA PORTAS ABERTAS

 Dende hoxe xoves ata o martes 28 de febreiro podes vir a coñecernos, en horario de 10h a 14h, sen cita previa, e podes traer o teu fill@ contigo.

Anímate a coñecernos, recorda que temos transporte escolar dende VILALBA CASCO URBAN.





Continúa lendo...

CONCURSO DE ENTROIDO DE VILALBA.

 Hoxe participamos no desfile de entroido de Vilalba, co nosos disfraces "A horta dos pequechás".

Aquí vos deixamos unha mostra e o premio de 150€ que nos outorgaron, así como fotos do desfile de hoxe e do pasado venres do dos colexios.
BO ENTROIDO e grazas a todo o alumnado, familia e docentes que se involucraron para que o alumnado tivera un día cheo de ilusión e felicidade.












Continúa lendo...

DESFILE ENTROIDO COLEXIOS CONCELLO VILALBA.

 Este pasado venres demos o pistoletazo de saída ó entroido de Vilalba 2023, e que mellor que facelo cos máis pequen@s da casa, que son os nosos nen@s dos centros educativos.

No Ceip Terra Cha, non quixemos ser menos e fomos disfrazados do noso proxecto "Mestres Gandeiros" onde puideron ver disfraces de verduras, hortalizas, pitiños ou abellas.
Dar as grazas ó Concello de Vilalba pola organización e as entidades colaboradoras como Cruz Vermella Vilalba, Protección Civil Vilalba, Policía Local, Garda Civil.
Foto: foto Purriños.







Continúa lendo...

PARTICIPANDO NO DESFILE DE COLEXIOS.

  Grazas pola organización!





Continúa lendo...

07/02/23

CENTRO OCUPACIONAL VILALBA+Ceip Terra Cha TRABALLANDO XUNTOS POR ROSALIA

 Os centros educativos son entidades que deben traballar en cooperación con outras entidades asociacións, para así atender a diversidade de acordo ó artigo 88º da Orde do 8 setembro de 2021 de atención a diversidade de Galicia.

Nesta ocasión, e partindo dunha proposta feita polo IESCHA para conmemorar o día de Rosalía, ambos centros traballamos en conxunto e elaboramos uns pensamentos os cales plantamos o día de hoxe, e uns debuxo do rostro de Rosalía. Agora os membros do centro ocupacional daránlle o traballo final que próximamente poderemos ver tod@s
Tamén aproveitaron para visitar o noso invernadoiro e galiñeiro e animaronse a regar as verduras e hortalizas que temos plantado
E como non todo ía ser traballar, os rapac@s do centro ocupacional degustaron un chocolate con churros xentileza da churrería a Praza de Vilalba!















Continúa lendo...

06/02/23

UNHAS MARACAS TOTALMENTE ARTESÁS

 En días pasados tivemos un obradoiro onde traballamos o mimbre, e fixemos unhas maracas, da man da mestra destas labores como é Maria Folgueira

Os nen@s traballaron con paciencia e entusiasmo, e agora tocaralles desfrutala nunha gran actividade que está por vir.
Traballar os oficios tradicionais, do contexto máis próximo, e outro dos pilares no que se basan as estratexias metodolóxicas da Área de Música e Danza, e da Área de Educación Plástica









Continúa lendo...