Páxinas

04/11/23

“Lo que viene, conviene”

Hai un dito cubano que reza Lo que viene, conviene. Non sabemos se isto é aplicable a todas as situacións pero, dende logo, si o é para o que aconteceu onte na biblioteca.

Da man da ANPA e de Clara, chegou ao noso centro Juana Caridad. Emigrante cubana, filla dun emigrante galego, que nos falou da realidade da illa: da parte fea (o bloqueo, a escaseza de alimentos e outras dificuldades que sofre a poboación no día a día), e da parte bonita (da súas xentes, do seu carácter, da bela Habana vieja e da estreita relación que xungue -por obra e graza da emigración- Galicia e Cuba).


Rematou Juana a súa intervención confesándonos que nunca esquecería a visita á nosa escola e agasallounos cun seu libro que fala, precisamente, desta fraternidade cubano-galega. Se queredes saber un pouquiño máis dos pormenores desta irmandade, recomendámosvos que vexades este fermoso vídeo:



1 comentario:

  1. Se a alguén lle interesa, aquí está a segunda parte do vídeo:
    https://youtu.be/noX3KABMTBI?feature=shared

    ResponderEliminar