Páxinas

25/10/23

Falan de nosoutros (I) ...

 ... e da nosa visita á Pontenova.




Continúa lendo...

Da granxa dos Pequechás á granxa dos Salvatierra

Esta mañá, un grupo de intrépidos aprendices de granxeiro desprazáronse ata Neipín, no corazón da Serra da Meira, para coñecer a Alejandro Salvatierra e a súa familia; quen nos amosaron a súa explotación, o seu xeito de entender a gandería e, en xeral, a vida. O orballo impenitente que nos acompañou todo o día non foi óbice para que nos adentrasemos monte arriba para ver as súas vacas, ovellas, cabras, cabalos e demais animais que conforman esta gandería en extensivo e para aprender moito sobre o manexo do gando e dos pastos permanentes, da súa importancia ecolóxica e económica e da súa contribución fundamental á loita contra os lumes.

Moitas grazas a Álex, a Ana e a Víctor pola acollida (e tamén pola lambeta) e á ANPA e á Deputación de Lugo por facelo posible.





Continúa lendo...

24/10/23

Día das bibliotecas

 

Hoxe celebramos o Día das Bibliotecas. E ti xa es asiduo de Biblioromán?
Continúa lendo...

18/10/23

Contacontos, obradoiro, charla e algo máis

 Empezamos coas actividades relacionadas co Samaín.

O alumnado de Infantil segue atentamente o conto "O disfrace da loba".

Os pequenos de Primaria no obradoiro de caretas.

Os maiores nunha charla sobre como realizar un consumo responsable tamén nesta festa.







Nenas e nenos de primeiro e segundo creando monstruíños para decorar os corredores do colexio.

Continúa lendo...

17/10/23

Tempo do outono. Tempo de contos

O verán rematou, as colleitas van quedando xa gardadas nos hórreos ou nos silos, os días minguan, a noite medra e os galegos ímonos metendo na casa. É este tempo, como moitos outros, e do mesmo xeito que o foi para os nosos antergos, propicio para botar a imaxinación a voar, e contar. Contar como contaban os avós (e as avoas) esfollando no millo ou comendo unhas castañas a carón da lareira.

Co obxectivo de traballar a expresión e a comprensión escrita, os hábitos de escoita e respecto polo traballo e opinión das demais persoas, así como as habilidades lectoras e o gusto pola lectura; proponse a seguinte actividade.

Os nenos e as nenas deberán elaborar na aula contos ou debuxos relacionados co tempo de outono, o Samaín ou -en xeral- "historias de medo". Tamén podería ser interesante que incluísen como temática complementaria a granxa, a horta, ou algún animal doméstico... (en liña co proxecto da biblioteca deste curso: A granxa dos Pequechás). As historias deben ser de autoría propia. Espremede os miolos e sede creativos!

As mellores obras de cada curso recibirán un premio e todos un pequeno agasallo por participares. Así mesmo, todos os contos e debuxos farán parte dun Libro do outono que pasará a engrosar os fondos da biblioteca da Escola.

 


Continúa lendo...

Outono

 


Xa chegou o outono, a Román e á biblioteca. No noso catálogo temos moitos libros sobre esta época do ano, os seus costumes e as súas festas. Vide! Vide! Non os perdades!

Continúa lendo...

16/10/23

Hora de ler

 

As persoas colaboradoras da biblioteca encheron as aulas de libros para compartir na Hora de ler ou en calquera outro momento. Todos os momentos son bos para a lectura. Que vos aproveite!

Continúa lendo...

13/10/23

Visita a Tropic Gaia

O pasado día 11, o alumnado de segundo, terceiro e cuarto de Primaria desprazámonos deica Morás (no concello de Xove) para coñecer Tropic Gaia da man de Andrea González. Contounos que hai moitos anos seu pai plantara por afección varios pés de kiwi e que a produción fora inmensa, inundando desta froita (naquel tempo moi éxotica) toda a parroquia, feito que lle valeu o sobrenome do "tolo dos kiwis", nunha época na que aquela planta era totalmente descoñecida por estas latitudes.

Explicounos tamén como o seu paso por varias cidades para realizar os seus estudos levouna ao convencemento de querer vivir nunha aldea, feito que a empurrou de volta á casa coa intención de emprender unha actividade no eido da produción de alimentos. Co obxectivo de poder facerse un oco nun mercado xa daquela complicado pensou en atopar un produto no que non houbese competencia: aí apareceu na súa vida a pitaia, a froita do dragón, e ela converteuse na "tola das pitaias".

Na nosa visita aprendemos moitas cousas sobre o seu cultivo, as necesidades da planta, o proceso de polinizado manual e individual de cada unha das flores e ata puidemos colleitar algunha e degustalas xunta doutras froitas exquisitas que cultivan na mesma explotación: fisalis e amorodos.

Como colofón á visita trouxemos canda nós un libro dos Bolechas, no que se conta a historia de Andrea e doutros produtores ecolóxicos da provincia, e unha planta de pitaia para cada un.

Grazas á Andrea pola súa paciencia e hospitalidade, e á ANPA e á Deputación por facer posible esta saída tan interesante para o proxecto deste ano.












Continúa lendo...

10/10/23

momentos01

 


Colexio de Román, tempo de lecer, mañá de outono excesivamente calorosa. Íker le sobre os animais da granxa, Antía e Iván danlle ao xadrez baixo a atenta mirada de Asier e Naevia comparte un conto con dúas compañeiras de Infantil. Facendo biblioteca. Facendo colexio. Facendo comunidade.

Continúa lendo...

09/10/23

Reapertura da biblioteca

 



Animádevos a vir! Todos os recreos, na Biblioteca da escola, podedes atopar libros, revistas, música, películas, xogos e un sinfín de diversión e coñecemento. Para saber: andar ou ler.
Vídeo: Biblioromán Música: Milladoiro.
Continúa lendo...