Páxinas

16/06/21

O CAMIÑO DE SANTIAGO NO INTERIOR DO NOSO COLE

 




Durante todo o curso en paralelo a tódalas actividades mencionadas no blog da nosa biblioteca, fomos decorando o cole con motivos relacionados co camiño de Santiago, algúns feitos en colaboración coas familias como esta catedral de Santiago feita por Rubén  e a súa familia:



Moi bo traballo Rubén, parabéns!

Tamén temos uns peregrinos personalizados que percorren o camiño nos corredores do noso cole, cada un representa a un de nos. Aquí tedes unha pequena mostra do estupendo traballo realizado:




E como se da catedral de Santiago se tratase temos o botafumeiro e o peregrino pendurados na entrada do cole, todo nos axuda a lembrar o que estamos traballando sobre o camiño de Santiago:




Continúa lendo...

04/06/21

CELEBRANDO CON XELA ARIAS O DÍA DAS LETRAS GALEGAS

Este ano celebramos o día das letras  con Xela Arias e facendo un tríptico sobre esta escritora e uns marcapáxinas que nos quedaron moi bonitos,

    










Tamén lemos nas obras de Xela Arias e gustáronnos moito algúns dos poemas adicados ao seu fillo:




Ademais fixemos uns libros sobre as comidas, as plantas, a arquitectura e os olores do CAMIÑO DE SANTIAGO, estes libros están colgados na páxina do cole: 
 
                                             https://www.edu.xunta.gal/centros/ceipterracha

alí podedes velos ao completo por dentro, aquí deixamos unha imaxe de como quedaron:








Continúa lendo...