Páxinas

07/06/22

OS MAIOS

 



Para celebrar OS MAIOS, en colaboración coas familias, elaboramos unha alfombra de flores que lles encantou a tódolos nenos e nenas do cole xa que nos quedou así de ben:





Ademais contamos coa axuda de Xabier Iglesias  que nos explicou moitas cousas sobre esta festa e a maiores ensinounos uns bailes e cancións que nos fixeron disfrutar coas nosas tradicións.







                        Así de fermoso luceu o noso MAIO. feito en colaboración coas familias:







Continúa lendo...

10/05/22

DÍA DO LIBRO

 



Para conmemorar o DÍA DO LIBRO tivemos un obradoiro de expresión oral a cargo de Tarabela Creativa, no que o alumnado tivo a oportunidade de elaborar o seu propio conto e xuntos formar o libro das nosas historias.



Tamén visitamos a BIBLIOTECA PÚBLICA DE VILALBA, onde nos explicaron o funcionamento da mesma e nos amosaron, sobre todo, os libros da sección de infantil, que nos gustaron moito. Aquí deixamos algunhas imaxes dese momento:









Xa no cole elaboramos o noso propio libro con fragmentos dos nosos libros preferidos e colgamos todo nun mural:









Continúa lendo...

26/04/22

DÍA DA MULLER

 



Para celebrar o DÍA DA MULLER asistimos a unha representación de títeres sobre a igualdade que se titulaba "UNHA ARMADURA CON FERRUXE". Gustounos moito e estaba relacionada co proxecto da nosa biblioteca:









Tamén levantamos os nosos escudos pola muller e a igualdade e en contra da violencia de calquera tipo. Puxémolos nun mural que nos quedou así de chulo:


                                           

Continúa lendo...

06/04/22

ENTROIDO NO CASTELO DOS PEQUECHÁS

ESTE ANO PARA CELEBRAR O ENTROIDO, COLLEMOS OS NOSOS CABALOS E FIXEMOS UN DESFILE POLOS ARREDORES DO COLEXIO. ROMÁN VISTEUSE DE FESTA POIS TAMÉN NOS ACOMPAÑARON AS CHARANGAS.

OS CABALEIROS, OS BUFÓNS, OS TROVADORES E OS DRAGÓNS, SAIRON DO SEU CASTELO E MONTARON UNHA FESTA FENOMENAL.

AQUÍ QUEDAN ALGUNHAS FOTOS DO BEN QUE O PASARON: 






                                                                        OS BUFÓNS

                                                                OS DRAGÓNS


                                                                        OS TROVADORES


OS CABALEIROS




OS PROFES:  PRÍNCIPES E PRINCESAS



Continúa lendo...

16/03/22

SEMENTANDO PENSAMENTOS NO DÍA DE ROSALÍA

    Para conmemorar o Día de Rosalía, plantamos uns pensamentos que eran as súas flores favoritas. Con isto, tentamos  simbolizar as ideas que imos recollendo dela: a liberdade, o respecto ás mulleres, o valor de humildade; ideas todas que sacamos dos poemas que escribiu e que lemos antes de plantar.


Fixádevos como fixemos con Rosalía o noso xardín e o noso             mural de pensamentos:

















E así quedou o noso mural cos pensamentos do alumnado rodeando a figura de Rosalía:








Continúa lendo...

10/02/22

Aínda que sexamos diferentes, todos buscamos a paz

 

Para celebrar o DÍA DA PAZ os nenos e nenas decoraron con cores de paz un fermoso mural. Cada un fixo un pedaciño do mesmo e xuntos compuxemos a nosa pomba.




Os de infantil traballaron moito facendo este fermoso decorado que pendura polos corredores do noso cole:






A maiores quixemos coñecer persoas que traballaron moito pola paz. Escollemos algunhas e fixemos uns traballos sobre a súa vida e labor. Aquí vos deixamos unha mostra de como nos quedaron:


























Continúa lendo...

26/01/22

VIVINDO O NADAL CON ILUSIÓN

 


Para comezar o Nadal, decoramos o noso cole por dentro e por fóra en colaboración coas mamás e papás. A neve cubriuno todo e os elfos e Papá Noel quedaron para observar a tódolos nenos do centro. Gustounos moito. Fixádevos que ben quedou:

                                        


                                                  

                                Despois empezaron outras actividades moi orixinais e divertidas:

                                 Visitamos un belén a tamaño real en Viveiro e gustounos moito curiosear nas cousas que alí había (cestos, animais, o estanque da auga...)






                      Ao rematar o percorrido, repuxemos forzas cunha estupenda e saudable merenda:



       Despois tivemos a visita  dos famosos da TVG  e puidemos falar con eles e preguntarlles as nosas curiosidades. Foron moi simpáticos e divertidos connosco. 




Pero o que non podía faltar era a visita de Papá Noel, e veu visitarnos, e nós, con moita ilusión,  entregamoslle as nosas cartas. Fixádevos que ben o pasamos:






Con Papá Noel pasámolo en grande pero quen non podía faltar era o noso apalpador que chegou ao noso cole facendo moita farra e pasamolo xenial escoitando os seus contos.





Tamén tivemos colchonetas para brincar e pasalo en grande:


Ademais, visitamos a igrexa de Román e decoramos unha árbore con adornos feitos por nós:
 









Por último, celebramos fin de ano e cada badalada con gusanitos.
  
Despois chocolate con churros.
 


Gustounos moitísimo a festa de fin de ano.
 
 Aquí quedan algunhas fotos dese momento no que desexamos feliz ano novo a todos:

                                 




Tamén quedan as fotos das postais que enviamos ás nosas casas para felicitar ás nosas familias. Fíxonos moita ilusión cando a carta chegou ás nosas casas.






Feliz ano a todos!

Continúa lendo...