Páxinas

31/01/23

XORNADAS PORTAS ABERTAS. MATRÍCULA CURSO 23/24

 Como cada ano, en febreiro son moitas as familias que buscan colexio para os seus fill@s, e no Ceip Terra Cha, teñen a oportunidade de coñecer o noso centro durante varios días de febreiro, sen cita previa, e cun amplo horario.

Recordamos que temos liñas de transporte dende Vilalba casco urbán, e comedor onde elaboramos todos os menús, con producto fresco do día!
AGARDAMOSTE! VEN A COÑECERNOS


Continúa lendo...

27/01/23

INAGURACION INSTALACIONS PLAN PROXECTA + MESTRES GANDEIROS.

 Hoxe o alumnado do Ceip Terra Cha, fixeron eles de mestres, xa que ensinaron ós cargos institucionais do ámbito autonómico, provincial e local, AVIMOS, e ANPA do centro, cómo están a criar os poliños de raza autóctona de Mos dende o seu proceso de incubación ata o día de hoxe, e tamén como prantaron as diversas verduras e hortalizas, que empezaron a plantar hai un mes e medio.

Os asistentes quedaron encantados cos explicacións do alumnado, e incluso alimentaron os poliños e plantaron leitugas e outros froitos.
Dende o centro damos gracias a todas as administracións, entidades e persoas que quixeron compartir con nós esta xornada inagural.










Continúa lendo...

INAUGURACIÓN INSTALACIÓN MESTRES GANDEIROS

 Aquí deixamos unha valoración deste novo plan proxecta + mestres gandeiros

Grazas polas palabras, e a tod@s os que colaboraron con este proxecto, e os asistentes no día de hoxe



Continúa lendo...

AS MANOPLAS DE NEVE DOS PEQUECHÁS

 O noso alumnado de infantil, debido as previsións de neve, realizaron as súas manoplas, para previr o frío e poder xogar ca neve nos patios do colexio.

Aquí unha mostra da súa gran labor!





Continúa lendo...

24/01/23

NOVO MATERIAL DEPORTIVO PARA INFANTIL E PRIMARIA.

 O alumnado do Ceip Terra Cha, dispón dun novo material deportivo para actividades de psicomotricidade dende infantil a primaria, con recursos de todo tipo, como picas, aros, pelotas, ladrillos-bloques, cordas, saltadores, zancos...

Ca recepción deste material, renovamos a maioría do material deportivo do centro, e aumentamos as posibilidades de traballo do alumnado e dos mestres, debido a que poden realizar actividades moi variadas para o benestar físico da saúde, obxectivos xerais de etapa tanto en infantil como primaria.
Material facilitado pola Consellería de Educación, a través do programa de renovación de mobiliario didáctico e deportivo











Continúa lendo...

PLAN PROXECTA +: MESTRES GANDEIROS. POSTA EN MARCHA DO GALIÑEIRO.

 Este venres estreamos o noso galiñeiro recinto onde van estar as galiñas e galos de raza autóctona de Mos que foron incubados no colexio e se están a criar dende o seu nacemento cos coidados dos nen@s.

Con este programa de innovación educativa da Conselleria de Educación, e no cal colaboramos coordinadamente con Avimós, o que se busca e un aprendizaxe partindo de situacións reais e próximas, e dicir, significativo de acordo os principios pedagóxicos a aplicar no sistema educativo actual.
O alumnado aprende contidos da área de Ciencias Naturais, de forma práctica, atractiva, e a súa vez moi lúdica.









Continúa lendo...

SAÍMOS NO XORNAL!

 Un dos nosos proxectos deste curso, o cal está dando un bo resultado. Grazas o xornal pola reportaxe!




https://galiciaxa.com/2023/01/tcxa/zonas-tcxa/vilalba-tcxa/185145/?fbclid=IwAR2ZLq0qZ36l46IIaaY5KOuNms0W-dNjfNvm8Ixs1QD-Bu5OcQ_x4g-d0R8

Continúa lendo...

BO NADAL E PROSPERO 2023.🌠🎄🎄

 O persoal do Ceip Terra Cha, deséxalle un Bo Nadal e un próspero ano 2023.

Aproveiten para estar en familia, e cos seus seres queridos, o cal nós tamén faremos, e voltaremos co mesma ilusión e traballo diario o día 9 de xaneiro
BO NADAL.




Continúa lendo...

PREMIO CESTA DE NADAL: Ceip Terra Cha

 O alumnado de 5º 6º repartiu sorte ca lotería de nadal. Nesas rifas se tiñas os últimos 4 números da lotería de Nadal levabas unha cesta valorada en 120€ de Prestes Vilalba.

Pois xa temos premiada. Agora a desfrutala.



Continúa lendo...

PAPA NOEL. PROGRAMACION NADAL. Ceip Terra Cha

 Como último día, antes das vacacions, que mellor forma que rematalo con Papa Noel que chegou en bus, recibió as cartas dos nen@s, e éste deulles un almanaque e unha lambetada.

Tamen tomamos un delicioso chocolate con churros e celebramos as campanadas de fin de ano
Esta foi a última xornada da nosa programación de nadal, o cal sairon todos os actos satisfactoriamente, cun programa completo onde foi lúdico e educativo por igual

















Continúa lendo...

DIA DA PROVINCIA. VIVEIRO PROGRAMACION NADAL. Ceip Terra Cha

 Hoxe visitamos Viveiro, unha vila da nosa provincia referente en nadal polo seu orixinal Belén a tamaño real o cal visitamos.

Tamén tomamos un chocolate con churros po cal agradecemos a colaboración do concello, vimos unha película nos cines de Viveiro e degustado un xantar nun dos seis restaurantes.














Continúa lendo...