Páxinas

31/01/24

A Maleta Viaxeira… (II)




… é, por definición, iso: unha maleta que viaxa. Hoxe tócalle deixar Román e iniciar unha nova singradura cara outro colexio no que atopar máis nenos que se ousen a furgar nos seus segredos, como unha crebeira raña na area na percura de tesouros.
Estade atentos que, se callar, en pouco tempo recibimos outra maleta cargada de diversión e coñecemento.






Continúa lendo...

30/01/24

30 de xaneiro: A Paz está nas nosas mans

 


Necesitamos paz: no mundo, nas nosas vidas... e tamén na escola. E a súa construción, moi especialmente da última delas, é cousa nosa.

Continúa lendo...

26/01/24

Alma e Lúa...

... vanse afacendo paseniño a nós. Se queredes aprender moitas máis cousas sobre este e outros animais domésticos, pasade por Biblioromán e visitade o andel que reúne todas as obras relacionadas co proxecto deste ano.



Continúa lendo...

25/01/24

Sementando coñecemento


Na mañá de hoxe, como noutras moitas mañás, foron varios os cursos que pasaron pola horta. O alumnado de Primaria rematou, ademais, un mural con fichas sobre algúns dos cultivos que temos plantados no invernadoiro. Agardamos que horta e mural sigan medrando vizosos.




 
Continúa lendo...

24/01/24

Día internacional da Educación

Os alumnos/as de cuarto de Primaria falaron hoxe sobre a importancia da Educación nas súas vidas e sobre a inxusta situación de moitas nenas e nenos no mundo que non poden ter acceso a ela.

https://cuartoprimariaroman.wordpress.com/2024/01/24/dia-internacional-da-educacion/

https://www.unesco.org/es/articles/la-unesco-dedica-el-dia-internacional-de-la-educacion-2024-combatir-la-incitacion-al-odio



Continúa lendo...

21/01/24

Guía de uso dos ordenadores

Xa tedes á vosa disposición en Biblioromán un equipo informático. Unha ferramenta para o coñecemento e o lecer. Velaiquí unha guía para o seu correcto uso.



Continúa lendo...

Traballando coa prensa…

… na Hora de Ler. Elixir, ler, entender e contar.



Continúa lendo...

16/01/24

De bibliotecas, Redes e sementes

No cole de Román ímonos convertendo paseniño en labregas e labregos expertos, cultivando arreo no noso invernadoiro. Así aprendemos que cando se pon na terra unha semente, ás veces dálle por medrar e outras, non; pero que o único xeito de ter algunha posibilidade de termos unha planta e dar ese primeiro paso.

Pois hoxe, unha serie de mestras da Terra Chá, responsables das nosas respectivas bibliotecas, demos ese primeiro paso: poñer unha semente. A semente dun proxecto que non sabemos a onde nos ha levar. Demos en chamarlle Rede ou MicroRede da Terra Chá. Por de pronto, xa é un espazo de coñecemento e de partilla de experiencias, inquedanzas e reivindicacións. 

O tempo ha ser quen diga en que queda esta herba pequerrechiña que hoxe fai o Universo un chisco menos pequeno.



Continúa lendo...

15/01/24

A Maleta Viaxeira…


 … chegou hoxe á escola, cargadiña de álbumes ilustrados para nos facer gozar coa súa lectura. Bulide; que o día 31 emprenden viaxe cara a outro colexio.


Continúa lendo...

13/01/24

Vivan as voluntarias de Biblioromán!

Once nenas e nenos da escola veñen de comprometerse no voluntariado en Biblioromán. Sen estas persoas voluntarias sería imposible que a biblioteca funcionase e seguise avanzando. Moitas grazas!

Continúa lendo...

Falan de nosoutros (III)...

 ... e da Granxa dos Pequechás, o noso proxecto. Na actualidade son moitas e moi diversas as propostas existentes en materia educativa, esta é a nosa. Un proxecto feito no rural para crianzas do rural; un xeito de vehicular o día a día na escola e o traballo curricular apostando polo respecto, visualización e posta en valor dos costumes, xeitos de vida e sectores produtivos da aldea.

https://www.elprogreso.es/articulo/a-chaira/ceip-terra-cha-mundo-rural-dentro-cole/202401111838281721827.html

Continúa lendo...

12/01/24

Teléfono escacharrado

 Xogando co refraneiro galego na Hora de Ler.



Continúa lendo...

11/01/24

Un nome para as nosas ovellas (IV)

 Unha vez rematado o escrutinio... xa podemos dar a benvida a Alma e Lúa!




Continúa lendo...

10/01/24

Meses de inverno fríos...

 


O alumnado de terceiro e cuarto elaborou este mural na entrada da biblioteca, coñecendo distintos refráns para achegarse ao tempo propio da estación do inverno.
Continúa lendo...

09/01/24

momentos03


 

Continúa lendo...

Un nome para as nosas ovellas (III)

O período de votación xa rematou, os índices de participación foron altísimos e nos vindeiros días coñeceremos os dous nomes para as nosas ovelliñas. Que nervios!

Na imaxe podedes ver as ovellas o mes pasado, cando recibiron a visita do señor Carneiro.



Continúa lendo...