Páxinas

26/01/22

VIVINDO O NADAL CON ILUSIÓN

 


Para comezar o Nadal, decoramos o noso cole por dentro e por fóra en colaboración coas mamás e papás. A neve cubriuno todo e os elfos e Papá Noel quedaron para observar a tódolos nenos do centro. Gustounos moito. Fixádevos que ben quedou:

                                        


                                                  

                                Despois empezaron outras actividades moi orixinais e divertidas:

                                 Visitamos un belén a tamaño real en Viveiro e gustounos moito curiosear nas cousas que alí había (cestos, animais, o estanque da auga...)






                      Ao rematar o percorrido, repuxemos forzas cunha estupenda e saudable merenda:



       Despois tivemos a visita  dos famosos da TVG  e puidemos falar con eles e preguntarlles as nosas curiosidades. Foron moi simpáticos e divertidos connosco. 




Pero o que non podía faltar era a visita de Papá Noel, e veu visitarnos, e nós, con moita ilusión,  entregamoslle as nosas cartas. Fixádevos que ben o pasamos:






Con Papá Noel pasámolo en grande pero quen non podía faltar era o noso apalpador que chegou ao noso cole facendo moita farra e pasamolo xenial escoitando os seus contos.





Tamén tivemos colchonetas para brincar e pasalo en grande:


Ademais, visitamos a igrexa de Román e decoramos unha árbore con adornos feitos por nós:
 









Por último, celebramos fin de ano e cada badalada con gusanitos.
  
Despois chocolate con churros.
 


Gustounos moitísimo a festa de fin de ano.
 
 Aquí quedan algunhas fotos dese momento no que desexamos feliz ano novo a todos:

                                 




Tamén quedan as fotos das postais que enviamos ás nosas casas para felicitar ás nosas familias. Fíxonos moita ilusión cando a carta chegou ás nosas casas.






Feliz ano a todos!

Continúa lendo...

17/01/22

voando libres e tecendo cestos en contra da violencia

 



Para o 25 de novembro, día en contra da violencia o alumnado do centro, decorou unhas bolboretas para formar un mural voando pola liberdade que nos quedou así de chulo.




Ademais, tivemos un obradoiro de cestería no que elaboramos os nosos propios cestos e puxemos o noso gran de area en contra da violencia de calquera tipo. 




Fixemos un gran traballo enfiando as varas para dar forma ao cesto







Tanto en infantil coma en primaria:














Todos conseguimos rematar os nosos cestos que levamos por Nadal para a casa con agasallos que nos deu Papá Noel.


                                      Así de xenial quedaron os nosos cestos:





Continúa lendo...