Páxinas

25/10/23

Da granxa dos Pequechás á granxa dos Salvatierra

Esta mañá, un grupo de intrépidos aprendices de granxeiro desprazáronse ata Neipín, no corazón da Serra da Meira, para coñecer a Alejandro Salvatierra e a súa familia; quen nos amosaron a súa explotación, o seu xeito de entender a gandería e, en xeral, a vida. O orballo impenitente que nos acompañou todo o día non foi óbice para que nos adentrasemos monte arriba para ver as súas vacas, ovellas, cabras, cabalos e demais animais que conforman esta gandería en extensivo e para aprender moito sobre o manexo do gando e dos pastos permanentes, da súa importancia ecolóxica e económica e da súa contribución fundamental á loita contra os lumes.

Moitas grazas a Álex, a Ana e a Víctor pola acollida (e tamén pola lambeta) e á ANPA e á Deputación de Lugo por facelo posible.





Ningún comentario:

Publicar un comentario