Páxinas

16/01/24

De bibliotecas, Redes e sementes

No cole de Román ímonos convertendo paseniño en labregas e labregos expertos, cultivando arreo no noso invernadoiro. Así aprendemos que cando se pon na terra unha semente, ás veces dálle por medrar e outras, non; pero que o único xeito de ter algunha posibilidade de termos unha planta e dar ese primeiro paso.

Pois hoxe, unha serie de mestras da Terra Chá, responsables das nosas respectivas bibliotecas, demos ese primeiro paso: poñer unha semente. A semente dun proxecto que non sabemos a onde nos ha levar. Demos en chamarlle Rede ou MicroRede da Terra Chá. Por de pronto, xa é un espazo de coñecemento e de partilla de experiencias, inquedanzas e reivindicacións. 

O tempo ha ser quen diga en que queda esta herba pequerrechiña que hoxe fai o Universo un chisco menos pequeno.



Ningún comentario:

Publicar un comentario