Páxinas

17/03/23

PLAN PROXECTA MOBILIDADE SOSTIBLE E SEGURA

 O noso centro foi un dos seleccionados para realizar este Plan Proxecta + que ten como obxectivo ntroducir a educación viaria na escola non como a aprendizaxe de normas e sinais para futuros condutores, senón cunha finalidade transformadora que cuestione os modos de mobilidade imperantes e que favoreza a participación do alumnado na elaboración de propostas de mellora que garantan a súa seguridade nos seus desprazamentos e, sobre todo, que promovan modos de mobilidade máis saudables para toda a comunidade.

Hoxe cunha actividade práctica levada a cabo pola Xefatura de Tráfico de Lugo, conseguiron estes obxectivos, e ademáis o alumnado terá unha tempada bicis para todas as idades no colexio, para practicar a sinalización vial no noso circuito.
Un programa máis para aprender contidos con situacións da vida real, de maneira práctica, e dar resposta a un dos obxectivos xerais da LOMLOE que é a seguridade Vial.










Ningún comentario:

Publicar un comentario