Páxinas

23/01/23

SEGUIMOS AVANZANDO: HORTO ECOLÓXICO.

 SEGUIMOS AVANZANDO: HORTO ECOLÓXICO.

O noso proxecto vai collendo forma cada día, e nestes días rematados de instalar o invernadoiro de 5,10m x 12m, o cal nos permite traballar con máquinaria pesada no seu interior, e que o alumnado teña un gran espazo para o seu traballo.
Destacar tamén que un proxecto desta embergadura necesita unha formación, e as primeiras formacións será a traves de entidades especializadas no sector ecolóxico a través da ANPA do centro, Deputación de Lugo e o propio centro:
ADEGA: asociación de defensa ecolóxica de Galicia con obradoiros de traballo neste primeiro trimestre como "O meu horto escolar"
TROPIC GAIA: obradoiros sobre froita ecolóxica e exótica a cal asistirá o alumnado de infantil
MILHULLOA: obradoiros sobre derivados de productos ecolóxicos como infusións, locións, a cal asistirá o alumnado de Primaria.
Agradecer tamén a Consellería de Educación e de Medio Rural por ofrecer a posibilidade de ter este sistema educativo no centro.
SEGUIMOS AVANZANDO!




Ningún comentario:

Publicar un comentario