Para comezar o Nadal, decoramos o noso cole por dentro e por fóra en colaboración coas mamás e papás. A neve cubriuno todo e os elfos e Papá Noel quedaron para observar a tódolos nenos do centro. Gustounos moito. Fixádevos que ben quedou:
Despois empezaron outras actividades moi orixinais e divertidas:
Visitamos un belén a tamaño real en Viveiro e gustounos moito curiosear nas cousas que alí había (cestos, animais, o estanque da auga...)
Ao rematar o percorrido, repuxemos forzas cunha estupenda e saudable merenda:
Despois tivemos a visita dos famosos da TVG e puidemos falar con eles e preguntarlles as nosas curiosidades. Foron moi simpáticos e divertidos connosco.
Pero o que non podía faltar era a visita de Papá Noel, e veu visitarnos, e nós, con moita ilusión, entregamoslle as nosas cartas. Fixádevos que ben o pasamos:
Con Papá Noel pasámolo en grande pero quen non podía faltar era o noso apalpador que chegou ao noso cole facendo moita farra e pasamolo xenial escoitando os seus contos.
Ademais, visitamos a igrexa de Román e decoramos unha árbore con adornos feitos por nós:
Por último, celebramos fin de ano e cada badalada con gusanitos.
Despois chocolate con churros.
Gustounos moitísimo a festa de fin de ano.
Aquí quedan algunhas fotos dese momento no que desexamos feliz ano novo a todos:

0 comentarios:
Publicar un comentario