Páxinas

11/04/23

SEGUIMOS MEDRANDO SEN LÍMITES

Finalizado o período de admisión, non podemos estar máis satisfeitos, debido a que alcanzamos unha cifra histórica de matrículación, superando a barreira dos 70 alumn@s, tendo a día de hoxe 71 alumn@s para o vindeiro curso 2023-2024

Elixiron o centro 11 familias novas, 10 familias para 4º infantil (3 anos) e 1 para 2º primaria. En infantil traducese no doble que o curso pasado, e na mesma liña que cursos anteriores polo que temos garantidas dúas unidades en educación infantil.
Dar as grazas a TODAS as familias que elixiron o Ceip Terra Cha, do cal se decataron polo centro pola innovación, a forma de traballar, e o que lles sorprendeu o proxecto de mestres gandeiros, o cal nos está a dar tantos éxitos. Tamén agradecer as restantes familias que se interesaron por nós e que non pudieron vir por outros motivos.




Ningún comentario:

Publicar un comentario