Páxinas

venres, 12 de marzo de 2021

O DÍA DE ROSALÍA

Celebramos o día de Rosalía elaborando o seu xardín e plantando  camelias  ROSALÍA DE CASTRO.
O noso mural quedou xenial, igual que a primavera que está a piques de comezar:



Antes de plantar aprendemos  moitas cousas sobre Rosalía e  lemos os poemas que cada grupo tiña preparados. Non perdemos detalle da importancia desta escritora para a nosa cultura























          Agora no xardín do noso colexio e entre o noso alumnado medra o legado que Rosalía nos deixou
Continúa lendo...

mércores, 10 de marzo de 2021

GUIADOS POLAS FRECHAS

 

OS MESTRES DE MESTRAS ESTE ENTROIDO DISFRAZÁMONOS DE FRECHAS E, AÍNDA QUE 

NON ESTÁN TODOS OS QUE SON......O BO CAMIÑO ESTÁ ASEGURADO CON UN EQUIPO 

FORMIDABLE E O  EXCELENTE TRABALLO  FEITO POR TOD@S



Continúa lendo...

ENTROIDO CON SENTIDIÑO

 




O LEMA DO ENTROIDO DESTE ANO FOI FAI O CAMIÑO CON SENTIDIÑO


Para ese día disfrazámonos de peregrinos e recorremos todos os camiños  con moita fachenda, aquí tedes algunha das fotos do desfile e podedes ver todas as demais na galería de imaxes da páxina do noso cole.




Os de primaria desfilaron de peregrinos  e os de infantil de cunchas









Ademais o entroido estivo cargado de agasallos do xacobeo que se sortearon entre os nenos e nenas do cole, fixádevos que ledos estaban,





E despois da troula un bo xantar co comedor decorado para a ocasiòn tamén de entroido, aquí vos deixamos unha pequena mostra de como quedou,



e tamén o resto do cole con máscaras de entroido:









Continúa lendo...