Para celebrar o Día das Bibliotecas Escolares (24 outubro) o noso alumnado encheu a entrada da biblioteca de talento, cores e moita maxia espacial. Baixo o lema "Cada estación é un novo mundo, cada libro un universo", crearon este mural cheo de estrelas nas que plasmaron o que significa para eles/as a biblioteca do centro. Un espazo infinito que despega dende as páxinas dun libro aberto e que conta cunha selección de contos de Outono e Samaín dos que están a disfrutar os nenos/as estos días.
martes, 27 de outubro de 2026
xoves, 7 de maio de 2026
PRÉSTAMO BIBLIOTECA MUNICIPAL DE VILALBA
Hoxe queremos recordarvos que existe unha sección na nosa BIBLIOROMÁN de libros que veñen directiños da Biblioteca Municipal de Vilalba.
Desta forma podemos ofrecervos novas coleccións e temáticas e se son do voso agrado, integralas na nosa colección permanente.
IMPORTANTE: Son de lectura na biblio, non se poden levar para a casa.
venres, 24 de abril de 2026
DÍA DO LIBRO 2026: SUSANA BARJA
Onte celebramos O GRAN DÍA DO LIBRO!
Tivemos a oportunidade de recibir a unha autora que ven de moi pretiño... concretamente da aula de 5º de Infantil a profe SUSANA BARJA.
Recentemente publicou o seu conto Aurora conductora e Dragoncín Cantarín e pasamos unha mañá xenial escoitando a historia e bailando a canción do conto.
Por aquí deixamos algunhas probas do divertido que foi!
xoves, 2 de abril de 2026
RETO LECTOR DE ABRIL: HISTORIA
Xa está aquí ABRIL e polo tanto o noso recuncho do RETO LECTOR actualízase con libros de HISTORIA.
mércores, 4 de marzo de 2026
RETO LECTOR DE MARZO: AUTORÍA FEMININA
Xa está aquí MARZO.
E como todos os meses, na BIBLIOROMÁN cambiamos a temática do RETO LECTOR.
Nesta ocasión fixemos a selección de libros con AUTORÍA FEMININA e así loce a nosa estantería.
xoves, 5 de febreiro de 2026
RETO LECTOR DE FEBREIRO: ARTE
Xa está aquí FEBREIRO e polo tanto o noso recuncho do RETO LECTOR actualízase con libros de ARTE.
Aproveita para levar algún libro con ideas ou inspiración para esta época de ENTROIDO ou para aprender sobre unha nova temática cada mes.
mércores, 28 de xaneiro de 2026
HOSPITAL DE LIBROS NA BIBLIOROMÁN
Dende fai uns días na BIBLIOROMÁN temos un novo recuncho: O HOSPITAL DE LIBROS.
Neste espazo, deixaremos aqueles libros que necesiten pequenos arreglos polo uso habitual ou mal uso dos mesmos.
Xa sabes: se atopas un libro con páxinas rotas, follas soltas, manchas ou tapas estragadas, déixaos no HOSPITAL DE LIBROS para arranxalos o antes posible.
xoves, 15 de xaneiro de 2026
RETO LECTOR: 2026
Aproveitando a nosa visita á Biblioteca Municipal de Vilalba inscribímonos no RETO LECTOR 2026 polo que durante estes meses adaptaremos un recuncho da nosa BIBLIOROMÁN para cumplir co reto proposto.
Neste mes de XANEIRO a temática é LIBRO ILUSTRADO.
Pasádevos para selar o voso RETO LECTOR!
domingo, 21 de decembro de 2025
VISITA Á BIBLIOTECA MUNICIPAL DE VILALBA
Dentro do programa de Nadal 2025 do cole, tivemos unha visita á Biblioteca Pública Municipal de Vilalba. Para moitos dos pequechos era a súa primeira vez e encantoulles.
xoves, 4 de decembro de 2025
25 N: UNHA FRASE UNHA VOZ
Este ano, dende a BIBLIOROMÁN impulsamos unha campaña para o DÍA INTERNACIONAL PARA A ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA CONTRA AS MULLERES que leva por título "Unha frase,
unha voz".



























