Para rematar o curso e despedir aos de sexto como se merecen, fixemos un festival e despois unha festa por todo o alto con boliños preñados, tarta, moitos dóces e a música que nos gustou.
Durante o festival, os de quinto e sexto, prepararon un baile que nos encantou a todos:
Despois cantaron cancións que tiñan preparadas coas camisetas diseñadas entre eles e os mestres e mestras, que levaban por título "A sky full of stars", un ceo cheo de estrelas nas que eles alumearon máis que nunca. Todos cantamos e participamos das diferentes actividades que fixeron os máis grandes.
Despois entregáronse os agasallos aos alumnos e alumnas de quinto e sexto pola súa colaboración coa biblioteca durante todo o curso:
Para rematar, os titores entregaron as orlas e os diplomas aos de infantil que pasaban para primaria e aos de sexto que se despediron do cole,
E despois festa rachada...
Ningún comentario:
Publicar un comentario