07/06/22
OS MAIOS
10/05/22
DÍA DO LIBRO
Para conmemorar o DÍA DO LIBRO tivemos un obradoiro de expresión oral a cargo de Tarabela Creativa, no que o alumnado tivo a oportunidade de elaborar o seu propio conto e xuntos formar o libro das nosas historias.
Tamén visitamos a BIBLIOTECA PÚBLICA DE VILALBA, onde nos explicaron o funcionamento da mesma e nos amosaron, sobre todo, os libros da sección de infantil, que nos gustaron moito. Aquí deixamos algunhas imaxes dese momento:
26/04/22
DÍA DA MULLER
Para celebrar o DÍA DA MULLER asistimos a unha representación de títeres sobre a igualdade que se titulaba "UNHA ARMADURA CON FERRUXE". Gustounos moito e estaba relacionada co proxecto da nosa biblioteca:
06/04/22
ENTROIDO NO CASTELO DOS PEQUECHÁS
ESTE ANO PARA CELEBRAR O ENTROIDO, COLLEMOS OS NOSOS CABALOS E FIXEMOS UN DESFILE POLOS ARREDORES DO COLEXIO. ROMÁN VISTEUSE DE FESTA POIS TAMÉN NOS ACOMPAÑARON AS CHARANGAS.
OS CABALEIROS, OS BUFÓNS, OS TROVADORES E OS DRAGÓNS, SAIRON DO SEU CASTELO E MONTARON UNHA FESTA FENOMENAL.
AQUÍ QUEDAN ALGUNHAS FOTOS DO BEN QUE O PASARON:
OS DRAGÓNS
OS TROVADORES
16/03/22
SEMENTANDO PENSAMENTOS NO DÍA DE ROSALÍA
Para conmemorar o Día de Rosalía, plantamos uns pensamentos que eran as súas flores favoritas. Con isto, tentamos simbolizar as ideas que imos recollendo dela: a liberdade, o respecto ás mulleres, o valor de humildade; ideas todas que sacamos dos poemas que escribiu e que lemos antes de plantar.
Fixádevos como fixemos con Rosalía o noso xardín e o noso mural de pensamentos:
10/02/22
Aínda que sexamos diferentes, todos buscamos a paz
26/01/22
VIVINDO O NADAL CON ILUSIÓN
Para comezar o Nadal, decoramos o noso cole por dentro e por fóra en colaboración coas mamás e papás. A neve cubriuno todo e os elfos e Papá Noel quedaron para observar a tódolos nenos do centro. Gustounos moito. Fixádevos que ben quedou:
Despois empezaron outras actividades moi orixinais e divertidas:
Visitamos un belén a tamaño real en Viveiro e gustounos moito curiosear nas cousas que alí había (cestos, animais, o estanque da auga...)
Ao rematar o percorrido, repuxemos forzas cunha estupenda e saudable merenda:
Despois tivemos a visita dos famosos da TVG e puidemos falar con eles e preguntarlles as nosas curiosidades. Foron moi simpáticos e divertidos connosco.
Por último, celebramos fin de ano e cada badalada con gusanitos.
Gustounos moitísimo a festa de fin de ano.
