Un representante da Sociedade Galega de Medio Ambiente (SOGAMA) veu hoxe ás inmediacións de biblioRomán a nos falar sobre a regra dos 3R; e da importancia de separarmos correctamente os residuos, para que estes poidan ser reciclados e minimizar o impacto na natureza das nosas actividades.
19/06/24
03/06/24
Precisamos da vosa opinión...
![]() |
Imaxe tomada de https://feelthebrain.me |
...para seguir mellorando. Pica na categoría que che correponda e deixa as túas respostas. Non che levará máis dun par de minutos.
01/06/24
Luísa
Outra das datas que sempre enchen o calendario escolar cando a primavera quere estourar é o día das nosas Letras. Unha data para reivindicarmos a importancia da nosa lingua propia e do noso dereito a empregala en todos os ámbitos, amais de para nos achegar a unha figura senlleira da literatura galega.
Este ano foi a quenda de Luísa Villalta e durante practicamente todo o mes fomos desenvolvendo un feixe de actividades para saber da súa vida e da súa obra. Estas foron do máis variado. Velaí van:
Mural en biblioRomán:
Maleta Viaxeira de Poesía (BEGA):
Traballos na aula sobre Luísa Villalta:
Photocall Rosalía de Castro (IESCHA):
Regueiletras (IES Basanta Silva):
Carreira das Letras Galegas (Concello de Vilalba):
https://youtu.be/yMKvYjtIFkE?feature=shared
Mural no pavillón encol da autora homenaxeada:
Imáns para todos os membros da comunidade educativa, coa efixe do mural:
30/05/24
Maios
Son moitas as coplas populares que falan de que o mes de maio vén cargado de flores, de distintos tipos de plantas, etc. Para nós, este último mes de maio veu cheíño de actividades, das que tentaremos ir dando conta nas seguintes entradas do blog.
Para a festa dos Maios, ademais de decorar distintas estancias do colexio, contruímos un Maio e confeccionamos unhas fermosas alfombras florais, contando coa colaboración de todas as familias do centro; aprendemos coplas e cantigas propias desta conmemoración e recibimos a visita de Xabi e Belén con quen aprendemos unha danza típica desta época do ano.


20/05/24
17/05/24
03/05/24
25/04/24
20/04/24
Apadriñamentos lectores
19/04/24
Os mestres van a clase
É habitual que a xente miúda pense que os "maiores" xa o saben todo, que non teñen que aprender ou mesmo que perderon a curiosidade por facelo; e todo isto non é así. Hai un refrán que di: o vello está morrendo e está aprendendo e isto non podía ser máis certo. As persoas adultas tamén necesitamos seguir aprendendo cousas e revisar e poñer en solfa as que xa sabemos e para nós tamén é unha ledicia poder aprender e incorporar novas habilidades e/ou coñecementos.
Esta semana o claustro do CEIP Terra Chá recibiu unha formación sobre imprensión 3D para sermos quen de tirar todo o proveito posible deste tipo de recursos que en pouco tempo teremos tamén no noso centro.
Agradecemos ao CFR de Lugo e a Óscar Maceira un curso que nos vén de abrir unha morea de posibilidades para o traballo na aula.
18/04/24
Fabricando historias
O alumnado de terceiro e cuarto de Primaria tamén tirou proveito da Maleta Viaxeira de Lectura e Diversidade, achegándose á creación de historias tirando do libro Mi pequeña fábrica de cuentos de Bruno Gibert.
¡Oh!
08/04/24
04/04/24
Unha nova Maleta Viaxeira (IV)…
… chegou a BiblioRomán: Lectura e Diversidade. Tedes quince días para enchouparvos cos seus coñecementos e gozar das súas lecturas e xogos.
22/03/24
Extra, extra...!
... o último número de Chaira xa está á vosa disposición.
Picade na seguinte ligazón para poder acceder á súa versión dixital. Agardamos que vos preste.
https://cuartoprimariaroman.files.wordpress.com/2024/03/chaira-semana-da-prensa-definitivo.pdf
21/03/24
Día da poesía
![]() |
fonte: https://www.juntadeandalucia.es/ |
A UNESCO adoptou o 21 de marzo como Día Mundial da Poesía co obxectivo de apoiar a diversidade lingüística a través da expresión poética e fomentar a visibilización daquelas linguas que se atopan en perigo. Este día conmemora unha das formas máis prezadas da expresión e identidade lingüística da humanidade. A poesía, practicada ao longo da historia en todas as culturas e en todos os continentes, fala da nosa humanidade común e dos nosos valores compartidos, transformando o poema máis simple nun poderoso catalizador do diálogo e a paz. [fonte: https://www.unesco.org/es/days/poetry]
Coa chegada deste día, un grupo de intrépidos alumnos do CEIP Terra Chá ousáronse a recitar fragmentos de distintos poemas recollidos en libros que temos en BiblioRomán.
Bulide á sección 82-P e enchede as vosas almas
de poesía, hoxe e todos os días, e é que –como dicía Gabriel Celaya- "a poesía é unha arma cargada de
futuro".
E non vos esquezades de darlle unha apertiña a un carballo,
que hoxe tamén é o Día da Árbore.
19/03/24
Rosa Parks
A pasada semana, na Hora de Ler e grazas a un dos libros da Maleta Viaxeira, o alumnado de terceiro e cuarto achegouse á incrible historia desta muller.
13/03/24
8 M
Falan de nosoutros... (V)
... e da nosa participación no programa "Coñece as túas institucións".
12/03/24
Pobo galego
Para quen non nos puido acompañar hoxe no noso paseo pola capital, velaiquí quedan estas fotos e dúas ligazóns para poder facer sendas visitas virtuais ao Parlamento de Galicia e ao Museo do Pobo Galego.
https://www.parlamentodegalicia.es/estaticos/visitavirtual/index.html
08/03/24
A sección de novidades…
… está que rebenta. Este ano o colexio fixo unha importante inversión para seguir anovando o catálogo da biblioteca. Novos volumes superchulos de consulta, narrativa, poesía ou banda deseñada están a agardar por vós en Biblioromán. Non o penses! Ven pola biblio!
04/03/24
A mochila viaxeira de... (03)
... Lucas, de sexto de Primaria.
Lembrade que se, cando a Mochila chegue ás vosas casas, queredes participar nesta actividade, tedes toda a información para facelo na folliña plastificada que vai no medio dos libros. Animádevos a compartir as vosas lecturas!
02/03/24
Sabías que...
... Chaira, o xornal da Escola, viu a luz nos anos 80. Nas vindeiras semanas tentaremos sacar un novo número. Polo de pronto, o alumnado de cuarto xa se botou a analizar prensa xeneralista e revisou números antigos do noso xornal para darlle forma a este proxecto.
29/02/24
Aquí xógase co (GA)LEGO
Novo recuncho na biblioteca para dar ás aos vosos afáns de construtores en potencia. Tres quilos de material, máis de dúas mil pezas coas que botar a voar a vosa imaxinación e creatividade. Agardamos por vós en Biblioromán.
26/02/24
A Maleta Viaxeira… (III)
24/02/24
23 de febreiro. Día de Rosalía
Pasado o Entroido, chegou á escola e á súa biblioteca o Día de Rosalía. Foron diversas as actividades que en todas as aulas estivemos a desenvolver para nos achegar á vida e á obra desta precursora das nosas Letras. A nivel de centro escollemos traballar cos primeiros versos do poema número 16 de Cantares Gallegos, poema no que Rosalía fala do medo que lle produce un moucho na noite escura e de como ela é quen de conxurar este medo. Aproveitamos este traballo para abordar os nosos medos e foron xurdiron coplas ben fermosas e curiosas coma esta que propón Íker Castro:
Eu ben vin estar o lobo
enriba daquela rocha.
Eu xa non che teño medo,
eu voume cantar con Concha.
Tamén acudimos á música e á plástica para a conmemoración deste día, pintando mouchos e a efixie da escritora e gozando coa canción que sobre estes versos fixo Migallas, no seu marabilloso Pan de Millo.
Segue avanzando o curso paseniño e desta volta tocou este alto no camiño para lembrar a tan importante persoeira da nosas cultura, de quen outra das nosas poetas, Luz Fandiño, dixo:
"Non hai galego de lei que non sinta a Rosalía dentro da ialma..."