O Equipo de Dinamización da Lingua Galega do CEIP A Cristina de Carballo vén de preparar estes modelos de cartas para escribir aos Reis Magos. Velaí van por se as queredes usar. Imprimir e escribir (e pedir con xeito).
27/12/23
22/12/23
20/12/23
Libro do outono
Xa está agardando por vós na biblioteca o Libro do Outono. Este volume recolle todas as obras elaboradas para o certame de creación literaria e pictórica desta estación do ano que realizamos no colexio.
12/12/23
Un nome para as nosas ovellas (II)
Rematado o tempo de facer propostas e unha vez realizada unha selección previa entre as máis de sesenta recibidas; todas as nenos e nenos, profesorado e persoal non docente do colexio están chamados ás urnas para escoller o nome das nosas ovellas.
Podedes vir votar nos recreos dende mañá ata o vindeiro día 21. Non faltedes!
04/12/23
Un nome para as nosas ovellas
Nin ti, nin eu somos máis
O 25-N é unha data importante do calendario que nos lembra que aínda a día de hoxe hai mulleres que sofren violencia polo simple feito de ser tal. As actividades desenvoltas no centro foron diversas e moitas delas pasaron por Biblioromán.
O alumnado de cuarto de primaria traballou co "iceberg da violencia de xénero" descubrindo como os terribles asasinatos non son a única forma de violencia que soportan as mulleres na nosa sociedade. Os voluntarios da biblioteca colaboraron na confección do mural da entrada de Biblioroman e todo o alumnado do centro participou no acto institucional proposto polo Concello de Vilalba, aprendeu a canción "O soño violeta" dos Piñeiriños e decorou e achegou a súa pluma a esas ás marabillosas que moitas persoas necesitan para fuxir da súa situación vital.