DÍA DAS LETRAS GALEGAS
Para conmemorar o Día das Letras Galegas, achegámonos a figura de Antón Fraguas coñecendo a súa vida e a súa labor. Escollemos algunhas das poesías e cantigas que recolleu e elaboramos entre todos este mural. Encantounos pintar a súa cara en diferentes texturas e tonalidades.
Verdade que quedou ben?:
Outra actividade centrouse en que cada neno fixese unha pequena composición coa orixe do seu nome e despois pasamos esa historia ao lapis grande que cada un decorou. Pasámolo moi ben todos xuntos facendo o noso traballo, mestres e alumnado...mirade como quedaron:
Cando rematamos o lapis, cada neno escribiu a palabra que máis lle gustaba do galego e pegámola por encima. Deunos moito que pensar e aprendemos bastante vocabulario en galego.
Pero sen dúbida o que máis nos gustou de todo foi o concurso de microrelatos que relacionaron o día do libro e o día das letras galegas. Aquí vos deixamos unha mostra dos mellores momentos da xornada:
Estas tarefas están todas supervisadas por este señor con tanto pelo verde que nos deixaron fotografar os de infantil😃
Ningún comentario:
Publicar un comentario