"UNHA GAIVOTA CÓNTANOS SOBRE O MAR NA CHAIRA"
OLA¡ a todos dende a biblioteca.
Benvidos de novo ao noso blog¡¡¡
Este ano imos traer o mar ó noso "cole" e aprender moitas cousas sobre a súa importancia. Tamén aprenderemos a coidalo e non contaminar, porque a auga é imprescindible para vida.
Así que, poñédevos ao timón que imos navegar polos mares do mundo da man da nosa biblioteca e dos nosos libros. Estades convidados a acompañarnos.....
O noso barco está a piques de zarpar pero antes quixemos facer do cole o noso mar particular e aquí vos deixamos as mellores imaxes. Parabéns para o alumnado e @s mestr@s que tanto e tan ben traballaron desde comezo do curso
Non vos preocupedes que as nosas medusas non pican e a quenlla é pacífica.
Ningún comentario:
Publicar un comentario