MASTERCHEF DA CHAIRA E DO QUIXOTE
Para rematar o proxecto deste ano da biblioteca, elaboramos un libro viaxeiro das receitas de todo o alumnado do centro en colaboración coas familias.
Este libro contaba con receitas que aparecen na obra do Quixote e con todas aquelas que máis lles gustaban aos nenos e nenas do noso cole, dentro do ámbito da alimentación saudable.
Todas estas receitas gardarémolas na biblioteca do cole para todos aqueles que queiran elaborar algunha a teñan a súa disposición.
pero a actividade estrela de fin do proxecto foi o MASTERCHEF DA CHAIRA, un traballo no que todo o alumnado do centro, os profes e as monitoras participaron e que resultou moi satisfactorio.
O PRIMEIRO PASO FOI DECORAR OS GORROS E OS MANDILES:
DESPOIS DISTRIBUÍMOS O TRABALLO:
Os de Infantil cortaron a froita e os de sexto trituraron para facer batidos
o resto dos cursos elaboraron en equipo un sandwich vexetal e de xamón cocido.
e por último tocaba degustar os nosos pratos,
e todo traballo en equipo, non pode rematar sen unha boa foto do grupo e... aquí a tedes,
FOI UN DÍA MOI ESPECIAL
GRAZAS A TODOS POR COLABORAR CON NÓS...
Ningún comentario:
Publicar un comentario