Como cada ano, en febreiro son moitas as familias que buscan colexio para os seus fill@s, e no Ceip Terra Cha, teñen a oportunidade de coñecer o noso centro durante varios días de febreiro, sen cita previa, e cun amplo horario.
31/01/23
XORNADAS PORTAS ABERTAS. MATRÍCULA CURSO 23/24
27/01/23
INAGURACION INSTALACIONS PLAN PROXECTA + MESTRES GANDEIROS.
Hoxe o alumnado do Ceip Terra Cha, fixeron eles de mestres, xa que ensinaron ós cargos institucionais do ámbito autonómico, provincial e local, AVIMOS, e ANPA do centro, cómo están a criar os poliños de raza autóctona de Mos dende o seu proceso de incubación ata o día de hoxe, e tamén como prantaron as diversas verduras e hortalizas, que empezaron a plantar hai un mes e medio.
INAUGURACIÓN INSTALACIÓN MESTRES GANDEIROS
Aquí deixamos unha valoración deste novo plan proxecta + mestres gandeiros
AS MANOPLAS DE NEVE DOS PEQUECHÁS
O noso alumnado de infantil, debido as previsións de neve, realizaron as súas manoplas, para previr o frío e poder xogar ca neve nos patios do colexio.
24/01/23
NOVO MATERIAL DEPORTIVO PARA INFANTIL E PRIMARIA.
O alumnado do Ceip Terra Cha, dispón dun novo material deportivo para actividades de psicomotricidade dende infantil a primaria, con recursos de todo tipo, como picas, aros, pelotas, ladrillos-bloques, cordas, saltadores, zancos...
PLAN PROXECTA +: MESTRES GANDEIROS. POSTA EN MARCHA DO GALIÑEIRO.
Este venres estreamos o noso galiñeiro recinto onde van estar as galiñas e galos de raza autóctona de Mos que foron incubados no colexio e se están a criar dende o seu nacemento cos coidados dos nen@s.
SAÍMOS NO XORNAL!
Un dos nosos proxectos deste curso, o cal está dando un bo resultado. Grazas o xornal pola reportaxe!
BO NADAL E PROSPERO 2023.🌠🎄🎄
O persoal do Ceip Terra Cha, deséxalle un Bo Nadal e un próspero ano 2023.
PREMIO CESTA DE NADAL: Ceip Terra Cha
O alumnado de 5º 6º repartiu sorte ca lotería de nadal. Nesas rifas se tiñas os últimos 4 números da lotería de Nadal levabas unha cesta valorada en 120€ de Prestes Vilalba.
PAPA NOEL. PROGRAMACION NADAL. Ceip Terra Cha
Como último día, antes das vacacions, que mellor forma que rematalo con Papa Noel que chegou en bus, recibió as cartas dos nen@s, e éste deulles un almanaque e unha lambetada.
DIA DA PROVINCIA. VIVEIRO PROGRAMACION NADAL. Ceip Terra Cha
Hoxe visitamos Viveiro, unha vila da nosa provincia referente en nadal polo seu orixinal Belén a tamaño real o cal visitamos.