Despois de varios días ambientando a biblioteca e o cole para celebrar o Samaín e de disfrutar de contos de moito medo na hora de ler e a través dos apadriñamentos lectores, chegou o día máis esperado polos nenos e nenas do CEIP Terra Chá.
Continúa lendo...
Un día cargado de emocións, diversión, disfraces e contacontos espeluznantes. 😱
Dende a biblioteca organizamos dous concursos de Samaín:
-Concurso de debuxos terroríficos elaborados polo alumnado de Infantil e 1º de Primaria.
-Concurso de contos terroríficos elaborados polo alumnado de 2º, 3º, 4º, 5º e 6º de Infantil.
Nesta xornada o alumnado disfrutou escoitando ou contando contos terroríficos.
Tamén se levou a cabo o concurso de culleres terroríficas que o alumnado foi creando en colaboración coas súas familias e que se expuxeron no hall do centro.
Noraboa aos premiados/as e noraboa a todo o alumnado por participar e colaborar elaborando os contos, os debuxos, as culleres e outros adornos e as familias por contribuír a facer desta festa un día inesquecible.

















.jpg)
.jpg)

