23/11/21
16/11/21
Gustounos moito esta visita. Moitas grazas a todos os que a fixeron posible.
05/11/21
SAMAÍN
Corre, corre...chegou o Samaín!, celebrámolo cos nosos contos de medo no castelo, con castañas asadas e con xogos tradicionais. Noraboa a todos polo estupendo traballo que fixéstedes. Os nosos contos, sombreiros e decorado, quedaron de medo. Non vos perdades detalle, aquí debaixo deixovos algunha das imaxes do ben que o pasamos:
16/06/21
O CAMIÑO DE SANTIAGO NO INTERIOR DO NOSO COLE
Durante todo o curso en paralelo a tódalas actividades mencionadas no blog da nosa biblioteca, fomos decorando o cole con motivos relacionados co camiño de Santiago, algúns feitos en colaboración coas familias como esta catedral de Santiago feita por Rubén e a súa familia:
Tamén temos uns peregrinos personalizados que percorren o camiño nos corredores do noso cole, cada un representa a un de nos. Aquí tedes unha pequena mostra do estupendo traballo realizado:
04/06/21
CELEBRANDO CON XELA ARIAS O DÍA DAS LETRAS GALEGAS
Ademais fixemos uns libros sobre as comidas, as plantas, a arquitectura e os olores do CAMIÑO DE SANTIAGO, estes libros están colgados na páxina do cole:
26/05/21
DÍA DO LIBRO, RUTA LITERARIA POLO PASEO DOS SOÑOS
Para celebrar o día do libro este ano fixemos unha ruta literaria polo PASEO DOS SOÑOS en Vilalba, e coñecemos escritores da Terra Cha aos que se lles adican diferentes monumentos ao longo deste camiño.
Para este paseo acompañáronnos membros do Instituto de Estudos Chairegos que nos foron explicando, con todo detalle, quen eran cada un dos escritores que estaban alí representados. Aquí tedes algunha das fotos do camiño que fixemos:
Ademais desta ruta ao aire libre, nas aulas fixemos uns bonitos abanos sobre a lectura e as súas vantaxes, aquí tedes unha mostra do que fixo cada grupo e que quedou pegado na porta da súa aula:
Tedes máis fotos destes abanos na páxina do cole.
12/05/21
O CAMIÑO DE SANTIAGO I
Durante o primeiro trimestre do curso estivemos coñecendo cousas sobre O CAMIÑO DE SANTIAGO, cousas como a súa historia, o botafumeiro, a catedral e os peregrinos e, de todo este traballo deixamos unha escolma nos nosos murais e nun peregrino moi ben feitiño polos nenos e nenas de infantil.
28/04/21
SE CHOVE QUE CHOVA, PORQUE EU SON........ SON MULLER LIBRE
Para celebrar o 8 de marzo, día da muller traballadora, elaboramos uns paraugas para protexernos da chuvia que supón a discriminación, a violencia e as diferencias polo feito de ser muller.
Cada neno pintou e decorou o seu paraugas e por cursos fixéronse uns carteis baixo o lema "Se chove que chova, porque eu...." , cada un cunha mensaxe diferente. Quedounos moi chulo.
Todo este traballo representa unha loita pola liberdade e pola paz, unha loita que de seguro libraremos con éxito xa que, as nosas intencións e inquedanzas, ímolas mostrando nos nosos murais e traballos e irán medrando con nós ata facerse realidade:
12/03/21
O DÍA DE ROSALÍA
Antes de plantar aprendemos moitas cousas sobre Rosalía e lemos os poemas que cada grupo tiña preparados. Non perdemos detalle da importancia desta escritora para a nosa cultura