Páxinas

xoves, 7 de maio de 2026

PRÉSTAMO BIBLIOTECA MUNICIPAL DE VILALBA

 Hoxe queremos recordarvos que existe unha sección na nosa BIBLIOROMÁN de libros que veñen directiños da Biblioteca Municipal de Vilalba

Desta forma podemos ofrecervos novas coleccións e temáticas e se son do voso agrado, integralas na nosa colección permanente.

IMPORTANTE: Son de lectura na biblio, non se poden levar para a casa.





Continúa lendo...

venres, 24 de abril de 2026

DÍA DO LIBRO 2026: SUSANA BARJA

Onte celebramos O GRAN DÍA DO LIBRO!

Tivemos a oportunidade de recibir a unha autora que ven de moi pretiño... concretamente da aula de 5º de Infantil a profe SUSANA BARJA.

Recentemente publicou o seu conto Aurora conductora e Dragoncín Cantarín e pasamos unha mañá xenial escoitando a historia e bailando a canción do conto.

Por aquí deixamos algunhas probas do divertido que foi!






Continúa lendo...

xoves, 2 de abril de 2026

RETO LECTOR DE ABRIL: HISTORIA

 Xa está aquí ABRIL e polo tanto o noso recuncho do RETO LECTOR actualízase con libros de HISTORIA. 

Aproveita para levar algún libro relacionado co proxecto do cole neste curso ou simplemente para aprender sobre unha nova temática cada mes.









 

Continúa lendo...

mércores, 4 de marzo de 2026

RETO LECTOR DE MARZO: AUTORÍA FEMININA

Xa está aquí MARZO.

E como todos os meses, na BIBLIOROMÁN cambiamos a temática do RETO LECTOR.

 Nesta ocasión fixemos a selección de libros con AUTORÍA FEMININA e así loce a nosa estantería.



Continúa lendo...

xoves, 5 de febreiro de 2026

RETO LECTOR DE FEBREIRO: ARTE

 Xa está aquí FEBREIRO e polo tanto o noso recuncho do RETO LECTOR actualízase con libros de ARTE. 

Aproveita para levar algún libro con ideas ou inspiración para esta época de ENTROIDO ou para aprender sobre unha nova temática cada mes.



Continúa lendo...

mércores, 28 de xaneiro de 2026

HOSPITAL DE LIBROS NA BIBLIOROMÁN

 Dende fai uns días na BIBLIOROMÁN temos un novo recuncho: O HOSPITAL DE LIBROS.

Neste espazo, deixaremos aqueles libros que necesiten pequenos arreglos polo uso habitual ou mal uso dos mesmos. 

Xa sabes: se atopas un libro con páxinas rotas, follas soltas, manchas ou tapas estragadas, déixaos no HOSPITAL DE LIBROS para arranxalos o antes posible.




Continúa lendo...

xoves, 15 de xaneiro de 2026

RETO LECTOR: 2026

 Aproveitando a nosa visita á Biblioteca Municipal de Vilalba inscribímonos no RETO LECTOR 2026 polo que durante estes meses adaptaremos un recuncho da nosa BIBLIOROMÁN para cumplir co reto proposto.

Neste mes de XANEIRO a temática é LIBRO ILUSTRADO.







Pasádevos para selar o voso RETO LECTOR!

Continúa lendo...