30 DE XANEIRO DÍA DA PAZ
Este ano para celebrar o día da paz, tomamos como punto de referencia unha lenda "senbazuru" que conta que aquel que logre facer mil grullas de origami fará realidade os seus desexos de paz. Nós puxémonos "máns á obra" para alcanzala...
Tamén cantamos a canción "TU ENEMIGO" e visionamos unha película achegándonos máis ao significado e importancia que a paz ten en tódolos ámbitos da vida.
Por último, lanzamos estrelas con desexos e coa ilusión de que se fagan realidade no mundo...
Somos un grupo pequeno pero grande en ideas e ilusión, que vai poñendo pequenos grans que, de seguro, axudarán a facer un mundo mellor:
DESDE O CEIP TERRA CHÁ PEDIMOS A PAZ SIN FRONTEIRAS |