venres, 29 de novembro de 2019
xoves, 28 de novembro de 2019
POÑENDO AS MANS NA ÁRBORE DA VIDA CONTRA A VIOLENCIA
25 DE NOVEMBRO DÍA CONTRA A VIOLENCIA
Para este día, levantamos a árbore da vida e nas súas pólas pendurando, as nosas mans con palabras contra a violencia. Puxemos así o noso pequeno gran de area para erradicar a violencia de calquera tipo.


As nosas mans non son unhas mans calquera, levan dentro a ilusión duns nen@s por cambiar o mundo e enchelo de apertas e diálogo e tamén dos mestr@s por facer que esa ilusión medre e se materialice...


.....e facer unha árbore grande que anime ao mundo enteiro nesta tarefa:


STOP VIOLENCIA¡¡¡
luns, 25 de novembro de 2019
VISITA DA GARDA CIVIL


DESDE COMEZOS DE CURSO ESTIVEMOS VENDO QUE A VIDA SIN CALQUERA DOS TIPOS DE VIOLENCIA É MOITO MÁIS FÁCIL E FELIZ. APRENDEMOS QUE TEMOS QUE RESPECTARNOS E RESOLVER OS CONTRATEMPOS CON DIÁLOGO.
PRIMEIRO VISITOUNOS A GARDA CIVIL QUE NOS MOSTROU O IMPORTANTE QUE É QUE NON DISCRIMINEMOS E TRATEMOS AOS DEMAIS COMO NOS GUSTA QUE NOS TRATEN A NÓS. QUE REXEITEMOS CALQUERA TIPO DE VIOLENCIA.
Aprendemos todos moito con esta visita e pasámolo en grande subindo ás súas motos e coches


pero sobre todo aprendemos a poñernos firmes contra calquera violencia ou discriminación:


Non discrimines, non sexas violento, usa o diálogo
venres, 8 de novembro de 2019
SAMAÍN E HALLOWEEN DE FESTA NA BIBLIOTECA
QUEN DIXO MEDO...NUN MAR DE MEDO?

Ninguén, todos de festa e coas nosas vasoiras máxicas,
abracadabra dobre rumbadaaaaaa!🙌
Parabéns aos nos@s alumn@s e ás súas familias polo traballo tan imaxinativo feito coas vasoiras.
Ademais, tódolos nen@s desfrutaron escribindo contos e facendo debuxos ambientados no mar. Nin as olas máis altas nin os monstros máis temibles foron quen de resistirse á nosa festa e estiveron todos convidados. Mirade cantos viñeron a través dos nosos contos e debuxos!


Esta é so unha mostra das imaxes, tedes máis na galería de imaxes da web do cole
http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipterracha/
E despois da festa da biblioteca:
Para rematar a festa e "desinchar o bandullo" xogos, carreiras e centellas.😂
Subscribirse a:
Comentarios (Atom)



















