Páxinas

Amosando publicacións coa etiqueta Conmemoracións. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Conmemoracións. Amosar todas as publicacións

sábado, 1 de xuño de 2024

Luísa

Outra das datas que sempre enchen o calendario escolar cando a primavera quere estourar é o día das nosas Letras. Unha data para reivindicarmos a importancia da nosa lingua propia e do noso dereito a empregala en todos os ámbitos, amais de para nos achegar a unha figura senlleira da literatura galega. 

Este ano foi a quenda de Luísa Villalta e durante practicamente todo o mes fomos desenvolvendo un feixe de actividades para saber da súa vida e da súa obra. Estas foron do máis variado. Velaí van:

Mural en biblioRomán:



Maleta Viaxeira de Poesía (BEGA):


Traballos na aula sobre Luísa Villalta:

 Photocall Rosalía de Castro (IESCHA):



 Regueiletras (IES Basanta Silva):


Carreira das Letras Galegas (Concello de Vilalba): 

          https://youtu.be/yMKvYjtIFkE?feature=shared

Mural no pavillón encol da autora homenaxeada:


Imáns para todos os membros da comunidade educativa, coa efixe do mural:


Continúa lendo...

xoves, 30 de maio de 2024

Maios

Son moitas as coplas populares que falan de que o mes de maio vén cargado de flores, de distintos tipos de plantas, etc. Para nós, este último mes de maio veu cheíño de actividades, das que tentaremos ir dando conta nas seguintes entradas do blog.

Para a festa dos Maios, ademais de decorar distintas estancias do colexio, contruímos un Maio e confeccionamos unhas fermosas alfombras florais, contando coa colaboración de todas as familias do centro; aprendemos coplas e cantigas propias desta conmemoración e recibimos a visita de Xabi e Belén con quen aprendemos unha danza típica desta época do ano.





                                        

 

 

Continúa lendo...

venres, 17 de maio de 2024

Todos os días…

… son día das Letras. Feliz xornada.



Continúa lendo...

xoves, 21 de marzo de 2024

Día da poesía

fonte: https://www.juntadeandalucia.es/


A UNESCO adoptou o 21 de marzo como Día Mundial da Poesía co obxectivo de apoiar a diversidade lingüística a través da expresión poética e fomentar a visibilización daquelas linguas que se atopan en perigo. Este día conmemora unha das formas máis prezadas da expresión e identidade lingüística da humanidade. A poesía, practicada ao longo da historia en todas as culturas e en todos os continentes, fala da nosa humanidade común e dos nosos valores compartidos, transformando o poema máis simple nun poderoso catalizador do diálogo e a paz. [fonte: https://www.unesco.org/es/days/poetry]


Coa chegada deste día, un grupo de intrépidos alumnos do CEIP Terra Chá ousáronse a recitar fragmentos de distintos poemas recollidos en libros que temos en BiblioRomán. 

Bulide á sección 82-P e enchede as vosas almas de poesía, hoxe e todos os días, e é que –como dicía Gabriel Celaya- "a poesía é unha arma cargada de futuro".

E non vos esquezades de darlle unha apertiña a un carballo, que hoxe tamén é o Día da Árbore.

Continúa lendo...

martes, 19 de marzo de 2024

Rosa Parks

A pasada semana, na Hora de Ler e grazas a un dos libros da Maleta Viaxeira, o alumnado de terceiro e cuarto achegouse á incrible historia desta muller.






Continúa lendo...

mércores, 13 de marzo de 2024

8 M



Entre a infindade de libros que contén a última Maleta Viaxeira que veu á escola, hai varios que nos foron especialmente útiles para o traballo da conmemoración do Día da Muller da pasada semana e que abofé que nos han valer para seguir afondando na incrible vida de moitas destas mulleres nos vindeiros días.
O marabilloso Pioneiras, de Anaír Rodríguez e Nuria Díaz deunos as chaves e a información para a elaboración dun mural na que participaron todas e todos: a xente miúda, debuxando; os maiores, escribindo.





Continúa lendo...

sábado, 2 de marzo de 2024

Sabías que...

... Chaira, o xornal da Escola, viu a luz nos anos 80. Nas vindeiras semanas tentaremos sacar un novo número. Polo de pronto, o alumnado de cuarto xa se botou a analizar prensa xeneralista e revisou números antigos do noso xornal para darlle forma a este proxecto.



Continúa lendo...

sábado, 24 de febreiro de 2024

23 de febreiro. Día de Rosalía

Pasado o Entroido, chegou á escola e á súa biblioteca o Día de Rosalía. Foron diversas as actividades que en todas as aulas estivemos a desenvolver para nos achegar á vida e á obra desta precursora das nosas Letras. A nivel de centro escollemos traballar cos primeiros versos do poema número 16 de Cantares Gallegos, poema no que Rosalía fala do medo que lle produce un moucho na noite escura e de como ela é quen de conxurar este medo. Aproveitamos este traballo para abordar os nosos medos e foron xurdiron coplas ben fermosas e curiosas coma esta que propón Íker Castro:

Eu ben vin estar o lobo

enriba daquela rocha.

Eu xa non che teño medo,

eu voume cantar con Concha.

Tamén acudimos á música e á plástica para a conmemoración deste día, pintando mouchos e a efixie da escritora e gozando coa canción que sobre estes versos fixo Migallas, no seu marabilloso Pan de Millo.

Segue avanzando o curso paseniño e desta volta tocou este alto no camiño para lembrar a tan importante persoeira da nosas cultura, de quen outra das nosas poetas, Luz Fandiño, dixo: 

"Non hai galego de lei que non sinta a Rosalía dentro da ialma..."











Continúa lendo...

mércores, 7 de febreiro de 2024

Chegou o Entroido…

… a toda a escola e tamén, claro, a Biblioromán. Seguide os mandados do Meco, estade atentos ás nosas Redes para ver imaxes do desfile de hoxe e vide pola biblioteca aprender moitas cousas sobre esta festa tan divertida.





Continúa lendo...

martes, 30 de xaneiro de 2024

30 de xaneiro: A Paz está nas nosas mans

 


Necesitamos paz: no mundo, nas nosas vidas... e tamén na escola. E a súa construción, moi especialmente da última delas, é cousa nosa.

Continúa lendo...

mércores, 24 de xaneiro de 2024

Día internacional da Educación

Os alumnos/as de cuarto de Primaria falaron hoxe sobre a importancia da Educación nas súas vidas e sobre a inxusta situación de moitas nenas e nenos no mundo que non poden ter acceso a ela.

https://cuartoprimariaroman.wordpress.com/2024/01/24/dia-internacional-da-educacion/

https://www.unesco.org/es/articles/la-unesco-dedica-el-dia-internacional-de-la-educacion-2024-combatir-la-incitacion-al-odio



Continúa lendo...

mércores, 10 de xaneiro de 2024

Meses de inverno fríos...

 


O alumnado de terceiro e cuarto elaborou este mural na entrada da biblioteca, coñecendo distintos refráns para achegarse ao tempo propio da estación do inverno.
Continúa lendo...

venres, 22 de decembro de 2023

Bo Nadal





 Agardamos que teñades un Bo Nadal e un ventureiro aninovo.


Continúa lendo...

mércores, 20 de decembro de 2023

Libro do outono

Xa está agardando por vós na biblioteca o Libro do Outono. Este volume recolle todas as obras elaboradas para o certame de creación literaria e pictórica desta estación do ano que realizamos no colexio.



Continúa lendo...

luns, 4 de decembro de 2023

Nin ti, nin eu somos máis

 


O 25-N é unha data importante do calendario que nos lembra que aínda a día de hoxe hai mulleres que sofren violencia polo simple feito de ser tal. As actividades desenvoltas no centro foron diversas e moitas delas pasaron por Biblioromán. 

O alumnado de cuarto de primaria traballou co "iceberg da violencia de xénero" descubrindo como os terribles asasinatos non son a única forma de violencia que soportan as mulleres na nosa sociedade. Os voluntarios da biblioteca colaboraron na confección do mural da entrada de Biblioroman e todo o alumnado do centro participou no acto institucional proposto polo Concello de Vilalba, aprendeu a canción "O soño violeta" dos Piñeiriños e decorou e achegou a súa pluma a esas ás marabillosas que moitas persoas necesitan para fuxir da súa situación vital.



Continúa lendo...

mércores, 29 de novembro de 2023

Constitución e Estatuto


 

Continúa lendo...

luns, 20 de novembro de 2023

Vinte de novembro

Día Universal da Infancia. O mural da biblioteca lémbranos que as nenas e os nenos, polo feito de selo, teñen dereitos!!!



Continúa lendo...

luns, 30 de outubro de 2023

Festa de Outono (Magosto/Samaín)


Castañas, millo, xogos e moito máis!


Continúa lendo...

martes, 24 de outubro de 2023

Día das bibliotecas

 

Hoxe celebramos o Día das Bibliotecas. E ti xa es asiduo de Biblioromán?
Continúa lendo...

mércores, 18 de outubro de 2023

Contacontos, obradoiro, charla e algo máis

 Empezamos coas actividades relacionadas co Samaín.

O alumnado de Infantil segue atentamente o conto "O disfrace da loba".

Os pequenos de Primaria no obradoiro de caretas.

Os maiores nunha charla sobre como realizar un consumo responsable tamén nesta festa.







Nenas e nenos de primeiro e segundo creando monstruíños para decorar os corredores do colexio.

Continúa lendo...