Páxinas

Amosando publicacións coa etiqueta Visitas. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Visitas. Amosar todas as publicacións

mércores, 19 de xuño de 2024

SOGAMA

Un representante da Sociedade Galega de Medio Ambiente (SOGAMA) veu hoxe ás inmediacións de biblioRomán a nos falar sobre a regra dos 3R; e da importancia de separarmos correctamente os residuos, para que estes poidan ser reciclados e minimizar o impacto na natureza das nosas actividades.



Continúa lendo...

martes, 28 de novembro de 2023

Investigar, criar e cultivar

Hai semanas nas que o ritmo no colexio é frenético e non sempre podemos dar conta de todas as cousas que imos facendo. Nos vindeiros días, tentaremos deixar constancia dalgunhas actividades relacionadas coa biblioteca e co noso proxecto "A granxa dos Pequechás" que fomos desenvolvendo nas últimas xornadas.

Hoxe queremos informar sobre o noso invernadoiro. Como ben sabedes foi instalado no curso pasado dentro do proxecto "A horta dos Pequechás" pero este curso segue plenamente activo, enchéndose de novo de cultivos diversos e aproveitándose de todo o aprendido no ano anterior. Así mesmo, seguimos atendendo o noso galiñeiro, criando novos pitiños coa axuda de Avimos e temos xa todo preparado para recibir a nova inquilina da nosa "granxa": unha ovella de raza galega.

Dende o almacén de Gemma e José Luis chegaron ao centro repolos, leitugas, allos, porros e chícharos que habían compartir espazo cuns tomates cherris ventureiros que fóra de época queren loitar contra o inverno chairego (xa veremos que é deles). Antes de nos poñer mans á obra, pasamos por Biblioromán para aprender algunhas cousas sobre o cultivo destas plantas e despois -cheos de saber e de ganas- procedemos ao transplante, cada curso na parcela que ten asignada e que deberá coidar e regar durante todo o ano.



Continúa lendo...

venres, 17 de novembro de 2023

Chegou…

 …Anxo Moure coma un trebón a biblioRomán. El viña falarnos de reciclaxe e falounos, e aprendeunos a facer corazóns reciclados coas malas novas das guerras do xornal, pero tamén nos falou de paz, de respecto, de alegría, de bosques e carballos… un furacán de palabras e coñecemento. 

E como agasallo final, asinounos un seu libro que tiñamos na biblioteca.



Continúa lendo...

sábado, 4 de novembro de 2023

“Lo que viene, conviene”

Hai un dito cubano que reza Lo que viene, conviene. Non sabemos se isto é aplicable a todas as situacións pero, dende logo, si o é para o que aconteceu onte na biblioteca.

Da man da ANPA e de Clara, chegou ao noso centro Juana Caridad. Emigrante cubana, filla dun emigrante galego, que nos falou da realidade da illa: da parte fea (o bloqueo, a escaseza de alimentos e outras dificuldades que sofre a poboación no día a día), e da parte bonita (da súas xentes, do seu carácter, da bela Habana vieja e da estreita relación que xungue -por obra e graza da emigración- Galicia e Cuba).


Rematou Juana a súa intervención confesándonos que nunca esquecería a visita á nosa escola e agasallounos cun seu libro que fala, precisamente, desta fraternidade cubano-galega. Se queredes saber un pouquiño máis dos pormenores desta irmandade, recomendámosvos que vexades este fermoso vídeo:



Continúa lendo...

mércores, 18 de outubro de 2023

Contacontos, obradoiro, charla e algo máis

 Empezamos coas actividades relacionadas co Samaín.

O alumnado de Infantil segue atentamente o conto "O disfrace da loba".

Os pequenos de Primaria no obradoiro de caretas.

Os maiores nunha charla sobre como realizar un consumo responsable tamén nesta festa.







Nenas e nenos de primeiro e segundo creando monstruíños para decorar os corredores do colexio.

Continúa lendo...