Páxinas

12/03/24

Pobo galego



Hoxe tivemos a inmensa sorte de nos achegar a tres institucións do pobo galego: dúas, no eido da política, e unha propia do ámbito cultural. Comezamos o día no Parlamento de Galicia, onde coñecemos a súa historia, o seu funcionamento e as súas funcións e puidemos vagar polos seus corredores ou sentar no hemiciclo como fan os deputados e deputadas, así como aventurarnos na súa biblioteca con máis de 50.000 volumes. Cara ao mediodía, fomos recibidos na Xunta de Galicia pola Directora xeral de Ordenación e Innovación Educativa, Judith Fernández, e alí puidemos saber de primeira man dos entertiños da nosa administración autonómica. E despois de repoñer forzas en Casa Agustín, diriximos os nosos pasos cara ao Museo do Pobo Galego, onde a través dun pequeno xogo fomos facéndonos concientes da importancia da historia, cultura e do inmenso patrimonio etnográfico do noso pobo.

Para quen non nos puido acompañar hoxe no noso paseo pola capital, velaiquí quedan estas fotos e dúas ligazóns para poder facer sendas visitas virtuais ao Parlamento de Galicia e ao Museo do Pobo Galego.



https://www.parlamentodegalicia.es/estaticos/visitavirtual/index.html

http://visitavirtual.museodopobo.gal/

Ningún comentario:

Publicar un comentario