Páxinas

26/05/21

DÍA DO LIBRO, RUTA LITERARIA POLO PASEO DOS SOÑOS

 Para celebrar o día do libro este ano fixemos unha ruta literaria polo PASEO DOS SOÑOS  en Vilalba, e coñecemos escritores da Terra Cha aos que se lles adican diferentes monumentos ao longo deste camiño. 
Para este paseo acompañáronnos membros do Instituto de Estudos Chairegos que nos foron explicando, con todo detalle, quen eran cada un dos escritores que estaban alí representados. Aquí tedes algunha das fotos do camiño que fixemos:






Ademais desta ruta ao aire libre, nas aulas fixemos uns bonitos abanos sobre a lectura e as súas vantaxes, aquí tedes unha mostra do que fixo cada grupo e que quedou pegado na porta da súa aula:















                                Tedes máis fotos destes abanos na páxina do cole. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario