Durante o primeiro trimestre do curso estivemos coñecendo cousas sobre O CAMIÑO DE SANTIAGO, cousas como a súa historia, o botafumeiro, a catedral e os peregrinos e, de todo este traballo deixamos unha escolma nos nosos murais e nun peregrino moi ben feitiño polos nenos e nenas de infantil.
E despois pasamos á acción facendo o noso primeiro tramo do camiño de Santiago por Portomarín, unha cousa que disfrutamos moito xa que era unha das primeiras saídas despois da pandemia.
Alí tivemos a visita inesperada de Alberto Geada que nos contou historias e nos axudou atopar tesouros:
Aquí quedan algunhas das imaxes desta saída pero tedes moitas máis na páxina do cole.
Ningún comentario:
Publicar un comentario