Durante todo o curso en paralelo a tódalas actividades mencionadas no blog da nosa biblioteca, fomos decorando o cole con motivos relacionados co camiño de Santiago, algúns feitos en colaboración coas familias como esta catedral de Santiago feita por Rubén e a súa familia:
Moi bo traballo Rubén, parabéns!
Tamén temos uns peregrinos personalizados que percorren o camiño nos corredores do noso cole, cada un representa a un de nos. Aquí tedes unha pequena mostra do estupendo traballo realizado:
E como se da catedral de Santiago se tratase temos o botafumeiro e o peregrino pendurados na entrada do cole, todo nos axuda a lembrar o que estamos traballando sobre o camiño de Santiago:
Ningún comentario:
Publicar un comentario