mércores, 29 de novembro de 2023
martes, 28 de novembro de 2023
Investigar, criar e cultivar
Hai semanas nas que o ritmo no colexio é frenético e non sempre podemos dar conta de todas as cousas que imos facendo. Nos vindeiros días, tentaremos deixar constancia dalgunhas actividades relacionadas coa biblioteca e co noso proxecto "A granxa dos Pequechás" que fomos desenvolvendo nas últimas xornadas.
Hoxe queremos informar sobre o noso invernadoiro. Como ben sabedes foi instalado no curso pasado dentro do proxecto "A horta dos Pequechás" pero este curso segue plenamente activo, enchéndose de novo de cultivos diversos e aproveitándose de todo o aprendido no ano anterior. Así mesmo, seguimos atendendo o noso galiñeiro, criando novos pitiños coa axuda de Avimos e temos xa todo preparado para recibir a nova inquilina da nosa "granxa": unha ovella de raza galega.
Dende o almacén de Gemma e José Luis chegaron ao centro repolos, leitugas, allos, porros e chícharos que habían compartir espazo cuns tomates cherris ventureiros que fóra de época queren loitar contra o inverno chairego (xa veremos que é deles). Antes de nos poñer mans á obra, pasamos por Biblioromán para aprender algunhas cousas sobre o cultivo destas plantas e despois -cheos de saber e de ganas- procedemos ao transplante, cada curso na parcela que ten asignada e que deberá coidar e regar durante todo o ano.
martes, 21 de novembro de 2023
Xornada bibliotecas escolares de Galicia 2023
O pasado sábado día 18 celebrouse a Xornada de Bibliotecas escolares de Galicia deste ano. Ata alí desprazáronse docentes do CEIP Terra Chá para coñecer outras experiencias e realidades no eido das bibliotecas escolares e continuar traballando para que biblioroman siga medrando.
luns, 20 de novembro de 2023
Vinte de novembro
Día Universal da Infancia. O mural da biblioteca lémbranos que as nenas e os nenos, polo feito de selo, teñen dereitos!!!
venres, 17 de novembro de 2023
Chegou…
…Anxo Moure coma un trebón a biblioRomán. El viña falarnos de reciclaxe e falounos, e aprendeunos a facer corazóns reciclados coas malas novas das guerras do xornal, pero tamén nos falou de paz, de respecto, de alegría, de bosques e carballos… un furacán de palabras e coñecemento.
E como agasallo final, asinounos un seu libro que tiñamos na biblioteca.

.jpg)
.jpg)
.jpg)






