Páxinas

mércores, 19 de xuño de 2019

"CAMIÑO RECTO, CAMIÑO ERGUIDO"




Rematamos o curso e o proxecto da biblioteca coa foto de Don Quixote que estaba esperándonos en Santiago para fotografarse con nós,


Pulsa aquí para ver la imagen a tamaño completoPulsa aquí para ver la imagen a tamaño completo

E dende a biblioteca de parte dos mestr@s e de todo o alumnado do centro despedimos aos de sexto, desexándolles moita sorte na nova etapa que están a piques de comezar e como di a lenda da foto:


"UN CAMIÑO RECTO, UN CAMIÑO ERGUIDO E EXITOSO"


Pulsa aquí para ver la imagen a tamaño completo

MOITA SORTE

Continúa lendo...

martes, 18 de xuño de 2019


MASTERCHEF DA CHAIRA E DO QUIXOTE


Para rematar o proxecto deste ano da biblioteca, elaboramos un libro viaxeiro das receitas de todo o alumnado do centro en colaboración coas familias.

Este libro contaba con receitas que aparecen na obra do Quixote e con todas aquelas que máis lles gustaban aos nenos e nenas do noso cole, dentro do ámbito da alimentación saudable.

Todas estas receitas gardarémolas na biblioteca do cole para todos aqueles que queiran elaborar algunha a teñan a súa disposición.

Pulsa aquí para ver la imagen a tamaño completo

pero a actividade estrela de fin do proxecto foi o MASTERCHEF DA CHAIRA, un traballo no que todo o alumnado do centro, os profes e as monitoras participaron e que resultou moi satisfactorio.

O PRIMEIRO PASO FOI DECORAR OS GORROS E OS MANDILES:

Pulsa aquí para ver la imagen a tamaño completoPulsa aquí para ver la imagen a tamaño completo

DESPOIS DISTRIBUÍMOS O TRABALLO:

Os de Infantil cortaron a froita e os de sexto trituraron para facer batidos

Pulsa aquí para ver la imagen a tamaño completoPulsa aquí para ver la imagen a tamaño completo



o resto dos cursos elaboraron en equipo un sandwich vexetal e de xamón cocido.



Pulsa aquí para ver la imagen a tamaño completoPulsa aquí para ver la imagen a tamaño completo
Pulsa aquí para ver la imagen a tamaño completo
e por último tocaba degustar os nosos pratos,

Pulsa aquí para ver la imagen a tamaño completoPulsa aquí para ver la imagen a tamaño completo

e todo traballo en equipo, non pode rematar sen unha boa foto do grupo e... aquí a tedes,

Pulsa aquí para ver la imagen a tamaño completo

FOI UN DÍA MOI ESPECIAL

GRAZAS A TODOS POR COLABORAR CON NÓS...


Continúa lendo...

luns, 10 de xuño de 2019

DÍA DAS LETRAS GALEGAS

Para conmemorar o Día das Letras Galegas, achegámonos a figura de Antón Fraguas coñecendo a súa vida e a súa labor. Escollemos algunhas das poesías e cantigas que recolleu e elaboramos entre todos este mural. Encantounos pintar a súa cara en diferentes texturas e tonalidades.
 Verdade que quedou ben?:


Pulsa aquí para ver la imagen a tamaño completo


Outra actividade centrouse en que cada neno fixese unha pequena composición coa orixe do seu nome e despois pasamos esa historia ao lapis grande que cada un decorou. Pasámolo moi ben todos xuntos facendo o noso traballo, mestres e alumnado...mirade como quedaron:

Pulsa aquí para ver la imagen a tamaño completoPulsa aquí para ver la imagen a tamaño completoPulsa aquí para ver la imagen a tamaño completo
Cando rematamos o lapis, cada neno escribiu a palabra que máis lle gustaba do galego e pegámola por encima. Deunos moito que pensar e aprendemos bastante vocabulario en galego.
Pero sen dúbida o que máis nos gustou de todo foi o concurso de microrelatos que relacionaron o día do libro e o día das letras galegas. Aquí vos deixamos unha mostra dos mellores momentos da xornada:
Pulsa aquí para ver la imagen a tamaño completo
Estas tarefas están todas supervisadas por este señor con tanto pelo verde que nos deixaron fotografar os de infantil😃
Pulsa aquí para ver la imagen a tamaño completo

Continúa lendo...



SORORITIPS OU SOLIDARIEDADE ENTRE MULLERES

 Para conmemorar o día contra a violencia, en infantil fixeron unha homenaxe as mulleres da súa vida :


                                 Pulsa aquí para ver la imagen a tamaño completoPulsa aquí para ver la imagen a tamaño completo



En primaria, este ano celebramos o día con sororitips, é dicir, mensaxes de empatía e axuda entre mulleres; tamén visto desde o punto de vista dos nenos. Consideramos que o primeiro paso para evitar calquera tipo de violencia é a empatía, poñerse no lugar do outro...iso foi o que fixemos...quedounos un mural precioso e aprendemos que sempre hai que tratar aos demais como nos gustaría que nos tratasen a nós.

Pulsa aquí para ver la imagen a tamaño completoPulsa aquí para ver la imagen a tamaño completoPulsa aquí para ver la imagen a tamaño completo



 DIXEMOS NON A VIOLENCIA BEN ALTO E CON CLARIDADE!



Pulsa aquí para ver la imagen a tamaño completo


Continúa lendo...

martes, 14 de maio de 2019


DÍA DA POESÍA
"Con dez canóns por banda, vento en popa a toda vela......"

O lema deste ano das bibliotecas escolares é: "POÉTICAS DIVERSAS", aproveitando o día da poesía e a chegada do barco ao cole, preparamos a "CANCIÓN DO PIRATA" de Espronceda e fixémola tanto escrita coma cantada.


 Foi unha actividade moi bonita.
 Pulsa aquí para ver la imagen a tamaño completo
Aos mestres emocionounos moito comprobar que a compartiron coas súas familias, pois todo o mundo a coñecía.

MIRADE OS NOSOS TRABALLOS!!!

LEMBRADE FIXARVOS NOS PIRATAS DE INFANTIL😉

Pulsa aquí para ver la imagen a tamaño completo

QUEDARON FENOMENAL!!!
Continúa lendo...




DIA DO LIBRO

Pulsa aquí para ver la imagen a tamaño completo

Para celebrar o día do libro tivemos unhas actividades moi especiais, fixemos uns marcapáxinas en forma de muiño cun acróstico, que elaboraron os máis grandes por detrás. O acróstico formaba as siglas do cole (CEIP TERRA CHÁ). Tamén inventamos un título para o libro da nosa vida. Gustounos moito esta actividade, esperamos repetila para o ano que ven.

Pulsa aquí para ver la imagen a tamaño completo
PERO O PRATO FORTE DA XORNADA FOI:

A VISITA DA ESCRITORA ESTEFANÍA PADULLÉS



Pulsa aquí para ver la imagen a tamaño completo

Que nos explicou o proceso de creación dun libro desde que xorde a idea na mente do escritor hasta que se publica. Resultou moi interesante e todos aprendemos moito e fixémonos conscientes do traballo que supón poñer un libro en marcha para que poidamos desfrutar del. 

Estefanía adicounos uns murais e uns libros escritos por ela. As súas dedicatorias non teñen desperdicio. MIRADE QUE BEN!!!

Pulsa aquí para ver la imagen a tamaño completo                                          Pulsa aquí para ver la imagen a tamaño completo

"ÁS VECES NON HAI QUE PERSEGUIR AO SOL, SÓ AGARDAR QUE PASEN AS NUBES"

"ANTES DE SER VALENTES PRIMEIRO HAI QUE PASAR MEDO"


Este é un dos seus murais:


Pulsa aquí para ver la imagen a tamaño completo

Agora estamos pintándoos van quedar xenial, xa veredes!






Pulsa aquí para ver la imagen a tamaño completoPulsa aquí para ver la imagen a tamaño completo






Continúa lendo...

luns, 18 de febreiro de 2019

DÍA DA PAZ


30 DE XANEIRO DÍA DA PAZ

Este ano para celebrar o día da paz, tomamos como punto de referencia unha lenda "senbazuru" que conta que aquel que logre facer mil grullas de origami fará realidade os seus desexos de paz. Nós puxémonos "máns á obra" para alcanzala...


Click to view full size image

 Tamén cantamos a canción "TU ENEMIGO" e visionamos unha película achegándonos máis ao significado e importancia que a paz ten en tódolos ámbitos da vida.

Click to view full size image

Por último, lanzamos estrelas con desexos e coa ilusión de que se fagan realidade no mundo...

Click to view full size image


Somos un grupo pequeno pero grande en ideas e ilusión, que vai poñendo pequenos grans que, de seguro, axudarán a facer un mundo mellor:

Click to view full size image
DESDE O CEIP TERRA CHÁ PEDIMOS A PAZ SIN FRONTEIRAS
Continúa lendo...

martes, 13 de novembro de 2018

DON QUIXOTE E SANCHO POLA CHAIRA


Ola
 a todos dende a Biblioteca!!!!!!!!!

Don Quixote e Sancho xa chegaron á Chaira e deixaron este mural de presentación na entrada do cole. Que vos parece?.





Durante todo este tempo, estiveron visitando a nosa contorna e celebraron o MAGOSTO e o SAMAÍN e HALLOWEEN con todos nós.

POLO MAGOSTO probaron as castañas e encantáronlles.  Mirade canto traballaron os nenos do cole para mostrarlles as nosas festas:

OS NENOS E NENAS DE INFANTIL:
traballaron moito facendo castañas e mostrándolle a Don Quixote como é noso froito estrela de outono:


Tamén fixeron un mural de outono que quedou fenomenal e como non, uníronse aos de Primaria para facer os seus monstros favoritos e penduralos na entrada do cole...







OS NENOS E NENAS DE PRIMARIA AMPLIÁRONLLES AOS NOSOS AVENTUREIROS A INFORMACIÓN SOBRE O MAGOSTO. MIRADE O QUE 
FIXERON............













TODOS XUNTOS FIXEMOS UN MURAL BAIXO O LEMA:
"SAMAÍN E HALLOWEEN VAI DE MONSTROS"






E COMO NON,
CONTAMOS AS VIVENCIAS QUE LLE ACONTECERON A DON QUIXOTE E SANCHO POLA CHAIRA  A NOITE DE SAMAÍN...FOI MOI DIVERTIDO COMPROBAR QUE NÓS AO IGUAL QUE DON QUIXOTE TEMOS MOITA IMAXINACIÓN...
FIXÁDEVOS EN DON QUIXOTE CABAZA!!!


Aquí vos deixamos algunhas fotos dos mellores momentos.....burrrr, que medooooooo!!!!!
















Seguiremos subindo máis fotos, non vos esquezades de mirar o noso blog a diario...



SIN DÚBIDA O MELLOR DAS FESTAS, DO COLE, DA BIBLIOTECA E DA VIDA EN XERAL É  COMPARTIR OS MELLORES MOMENTOS COS AMIGOS. AQUÍ VOS DEIXAMOS AS MELLORES FOTOS DAS NOSAS FESTAS PORQUE...

SOMOS UN EQUIPO XENIAL











VÉMONOS NA PRÓXIMA FESTA DA BIBLIOTECA!!!

Continúa lendo...