Hoxe o alumnado do Ceip Terra Cha, fixeron eles de mestres, xa que ensinaron ós cargos institucionais do ámbito autonómico, provincial e local, AVIMOS, e ANPA do centro, cómo están a criar os poliños de raza autóctona de Mos dende o seu proceso de incubación ata o día de hoxe, e tamén como prantaron as diversas verduras e hortalizas, que empezaron a plantar hai un mes e medio.
Os asistentes quedaron encantados cos explicacións do alumnado, e incluso alimentaron os poliños e plantaron leitugas e outros froitos.
Dende o centro damos gracias a todas as administracións, entidades e persoas que quixeron compartir con nós esta xornada inagural.
Ningún comentario:
Publicar un comentario