O DÍA DA PAZ
Este ano quixemos que o alumnado do centro sostivese o mundo coas súas mans pola paz, porque el@s teñen a oportunidade e a ilusión de cambiar o mundo e lograr a paz sen fronteiras.
Pero ademais, non perdemos a oportunidade de surcar os mares do mundo na compaña de homes e mulleres que destacaron pola paz que desprendían os seus feitos e a súa vida. Fixádevos con que frota contamos nesta tarefa:
Despois desta viaxe degustamos as gominolas da paz baixo o mural co que nos agasallaron os de infantil:
Un estupendo traballo no que aprendemos moitas cousas, entre as que destacan: xeografía, conceptos de cultura xeral, traballo en equipo e a importancia da paz, que ás veces non valoramos moito porque temos a sorte de vivir nunha zona privilexiada pero que é moi importante.
GRAZAS POR TRABALLAR TODOS XUNTOS
POLA PAZ NO MUNDO
Ningún comentario:
Publicar un comentario