Páxinas

mércores, 16 de marzo de 2022

SEMENTANDO PENSAMENTOS NO DÍA DE ROSALÍA

    Para conmemorar o Día de Rosalía, plantamos uns pensamentos que eran as súas flores favoritas. Con isto, tentamos  simbolizar as ideas que imos recollendo dela: a liberdade, o respecto ás mulleres, o valor de humildade; ideas todas que sacamos dos poemas que escribiu e que lemos antes de plantar.


Fixádevos como fixemos con Rosalía o noso xardín e o noso             mural de pensamentos:

















E así quedou o noso mural cos pensamentos do alumnado rodeando a figura de Rosalía:








Continúa lendo...

xoves, 10 de febreiro de 2022

Aínda que sexamos diferentes, todos buscamos a paz

 

Para celebrar o DÍA DA PAZ os nenos e nenas decoraron con cores de paz un fermoso mural. Cada un fixo un pedaciño do mesmo e xuntos compuxemos a nosa pomba.




Os de infantil traballaron moito facendo este fermoso decorado que pendura polos corredores do noso cole:






A maiores quixemos coñecer persoas que traballaron moito pola paz. Escollemos algunhas e fixemos uns traballos sobre a súa vida e labor. Aquí vos deixamos unha mostra de como nos quedaron:


























Continúa lendo...

mércores, 26 de xaneiro de 2022

VIVINDO O NADAL CON ILUSIÓN

 


Para comezar o Nadal, decoramos o noso cole por dentro e por fóra en colaboración coas mamás e papás. A neve cubriuno todo e os elfos e Papá Noel quedaron para observar a tódolos nenos do centro. Gustounos moito. Fixádevos que ben quedou:

                                        


                                                  

                                Despois empezaron outras actividades moi orixinais e divertidas:

                                 Visitamos un belén a tamaño real en Viveiro e gustounos moito curiosear nas cousas que alí había (cestos, animais, o estanque da auga...)






                      Ao rematar o percorrido, repuxemos forzas cunha estupenda e saudable merenda:



       Despois tivemos a visita  dos famosos da TVG  e puidemos falar con eles e preguntarlles as nosas curiosidades. Foron moi simpáticos e divertidos connosco. 




Pero o que non podía faltar era a visita de Papá Noel, e veu visitarnos, e nós, con moita ilusión,  entregamoslle as nosas cartas. Fixádevos que ben o pasamos:






Con Papá Noel pasámolo en grande pero quen non podía faltar era o noso apalpador que chegou ao noso cole facendo moita farra e pasamolo xenial escoitando os seus contos.





Tamén tivemos colchonetas para brincar e pasalo en grande:


Ademais, visitamos a igrexa de Román e decoramos unha árbore con adornos feitos por nós:
 









Por último, celebramos fin de ano e cada badalada con gusanitos.
  
Despois chocolate con churros.
 


Gustounos moitísimo a festa de fin de ano.
 
 Aquí quedan algunhas fotos dese momento no que desexamos feliz ano novo a todos:

                                 




Tamén quedan as fotos das postais que enviamos ás nosas casas para felicitar ás nosas familias. Fíxonos moita ilusión cando a carta chegou ás nosas casas.






Feliz ano a todos!

Continúa lendo...

luns, 17 de xaneiro de 2022

voando libres e tecendo cestos en contra da violencia

 



Para o 25 de novembro, día en contra da violencia o alumnado do centro, decorou unhas bolboretas para formar un mural voando pola liberdade que nos quedou así de chulo.




Ademais, tivemos un obradoiro de cestería no que elaboramos os nosos propios cestos e puxemos o noso gran de area en contra da violencia de calquera tipo. 




Fixemos un gran traballo enfiando as varas para dar forma ao cesto







Tanto en infantil coma en primaria:














Todos conseguimos rematar os nosos cestos que levamos por Nadal para a casa con agasallos que nos deu Papá Noel.


                                      Así de xenial quedaron os nosos cestos:





Continúa lendo...

martes, 23 de novembro de 2021

 


Visita ao museo fortaleza de San Paio de Narla

Co obxectivo de coñecer mellor a Idade Media e a nosa provincia, visitamos a fortaleza de San Paio de Narla. Alí puidemos ver como era un castelo por dentro e imaxinarnos mil e unha historias.

Sentarse nos parladoiros ou curiosear polas súas fiestras.





E rematar a visita na parte mais alta da fortaleza, facendo unha foto de grupo.







Despois visitamos en Friol unha aldea castrexa. Aquí vos deixo algunha imaxe do momento, no que o pasamos en grande, entrando e saíndo de cada edificación.





Un día diferente no que o pasamos xenial. Moitas grazas aos monitores e a todos os que o fixeron posible. Vemónos na seguinte aventura!


Continúa lendo...

martes, 16 de novembro de 2021

 

Coñecendo os nosos castelos e museos

Como durante este curso imos traballar sobre a Idade Media, tivemos unha visita moi especial da xente que traballa nos catro museos da nosa provincia. Eles explicáronnos como funciona un museo, a cantidade de xente que é necesaria para que funcionen e tamén o que se recolle en cada un deles.







Ademais antes de irse deixáronnos meternos en cada un e divertirnos todos xuntos.








               Gustounos moito esta visita. Moitas grazas a todos os que a fixeron posible.

Continúa lendo...

venres, 5 de novembro de 2021

                                                 SAMAÍN

Corre, corre...chegou o Samaín!, celebrámolo cos nosos contos de medo no castelo, con castañas asadas e con xogos tradicionais. Noraboa a todos polo estupendo traballo que fixéstedes. Os nosos contos, sombreiros e decorado, quedaron de medo. Non vos perdades detalle, aquí debaixo deixovos algunha das imaxes do ben que o pasamos:


O noso decorado






Os nosos contos




Os nosos xogos








 FOI UN DÍA DE MEDOOOOOOO!








Continúa lendo...