Antes de plantar aprendemos moitas cousas sobre Rosalía e lemos os poemas que cada grupo tiña preparados. Non perdemos detalle da importancia desta escritora para a nosa cultura
venres, 12 de marzo de 2021
O DÍA DE ROSALÍA
Celebramos o día de Rosalía elaborando o seu xardín e plantando camelias ROSALÍA DE CASTRO.
Antes de plantar aprendemos moitas cousas sobre Rosalía e lemos os poemas que cada grupo tiña preparados. Non perdemos detalle da importancia desta escritora para a nosa cultura
Continúa lendo...
O noso mural quedou xenial, igual que a primavera que está a piques de comezar:
Antes de plantar aprendemos moitas cousas sobre Rosalía e lemos os poemas que cada grupo tiña preparados. Non perdemos detalle da importancia desta escritora para a nosa cultura
mércores, 10 de marzo de 2021
GUIADOS POLAS FRECHAS
OS MESTRES DE MESTRAS ESTE ENTROIDO DISFRAZÁMONOS DE FRECHAS E, AÍNDA QUE
NON ESTÁN TODOS OS QUE SON......O BO CAMIÑO ESTÁ ASEGURADO CON UN EQUIPO
FORMIDABLE E O EXCELENTE TRABALLO FEITO POR TOD@S
ENTROIDO CON SENTIDIÑO
O LEMA DO ENTROIDO DESTE ANO FOI FAI O CAMIÑO CON SENTIDIÑO
Para ese día disfrazámonos de peregrinos e recorremos todos os camiños con moita fachenda, aquí tedes algunha das fotos do desfile e podedes ver todas as demais na galería de imaxes da páxina do noso cole.
Os de primaria desfilaron de peregrinos e os de infantil de cunchas
Ademais o entroido estivo cargado de agasallos do xacobeo que se sortearon entre os nenos e nenas do cole, fixádevos que ledos estaban,
E despois da troula un bo xantar co comedor decorado para a ocasiòn tamén de entroido, aquí vos deixamos unha pequena mostra de como quedou,
luns, 8 de febreiro de 2021
VACINÁMONOS CONTRA O VIRUS DA VIOLENCIA
ESTE 25 DE NOVEMBRO DÍA CONTRA A VIOLENCIA QUIXEMOS VACINARNOS CONTRA TODO TIPO DE MALOS TRATOS,
venres, 5 de febreiro de 2021
UN NADAL PEREGRINO E MOITO MÁIS
DURANTE ESTE NADAL DESENVOLVEMOS DIFERENTES ACTIVIDADES E PASÁMOLO EN GRANDE.
O primeiro foi engalanar o centro para que cando viñese Papá Noel se puxese moi contento con todo o traballo feito. Nós engalanámolo por dentro e as mamás e papás por fóra e quedou estupendo. Moitas grazas polo traballo feito, os nenos disfrutárono moito. E Papá Noel tamén....fixádevos !!!!.
Dentro do cole tamén fixemos moitas cousas, foi por iso que Papá Noel se puxo moi contento e deunos uns agasallos de chocolate. Non perdades detalle:
Un fermosos pratos e árbores de Nadal:
E os Reis Magos vixiando a entrada ao noso cole:
Pero ademais tivemos moitas actividades divertidas como a visita do Mago Teto, que nos encantou a grandes e pequenos:
Un contacontos que nos falou de Leopoldo, o pequeno monstro e nos deixou uns debuxos estupendos sobre este libro de mans da súa autora Estefanía Padullés.
Tamén visionamos unha película "Ballerina" xa que non poidemos ir ao cine por mor da pandemia e visitounos a presentadora do Luar virtualmente.
En fin, que fixemos unha festa por todo o alto e pasámolo en grande!
Tedes moitas máis fotos na galería de imaxes na páxina do cole.
Finalmente os profes e o persoal do centro desexamos a todos un feliz nadal cun belén personificado no que aparecemos vestidos de peregrinos camiño ao belén:venres, 15 de xaneiro de 2021
SAMAÍN E MAGOSTO
ESTE ANO CELEBRAMOS O SAMAÍN E O MAGOSTO LENDO CONTOS DE MEDO NO CAMIÑO DE SANTIAGO. FIXEMOS UN CONCURSO E AQUÍ VOS DEIXO ALGUNHA FOTO DO MOMENTO DA LECTURA E DOS QUE NOS GUSTARON MÁIS.
E tras o esforzo con tanto xogo, chegou a hora de comer coas mesas e o comedor decorados de SAMAÍN, non vos perdades detalle.
Facendo todo baixo a atenta mirada dos nosos monstros favoritos
que non se quitan a máscara e pórtanse xenial!!!
martes, 17 de novembro de 2020
PASIÑO A PASIÑO POLO CAMIÑO
OLA A TODOS DENDE A BIBLIOTECA DO CEIP TERRA CHA!
ESTE CURSO A NOSA BIBIBLIOTECA VAISE DE VIAXE A PERCORRER O CAMIÑO DE SANTIAGO. COLLEDE O VOSA CUNCHA E BASTÓN E ACOMPAÑÁDENOS NO NOSO CAMIÑO.

AQUÍ VOS DEIXAMOS O MURAL COS LUGARES QUE IMOS COÑECER AO LONGO DO CURSO. NON PERDADES DETALLE POIS VAI SER MOI INTERESANTE.
luns, 11 de maio de 2020
DÍA DE ROSALÍA
O DÍA DE ROSALÍA
Para conmemorar a Rosalía de Castro cada grupo de infantil e primaria representou un poema escrito por ela e traballado previamente na clase. Despois puxemos todo en común e levamos a cabo un taller para elaborar rosas xogando coa palabra ROSA- LÍA. Tódolos nen@s levaron para as súas casas unha rosa e un folleto no que se explicaba a importancia de Rosalía na nosa cultura e literatura.
Aquí tedes aos de infantil que ao mesmo tempo que celebraban o día de Rosalía, viñan cun zapato de cada maneira por orde de "Don Entroido"
Agora os de Primaria represantando os seus poemas e disfrutando do momento:
Aquí tedes aos de infantil que ao mesmo tempo que celebraban o día de Rosalía, viñan cun zapato de cada maneira por orde de "Don Entroido"

Agora os de Primaria represantando os seus poemas e disfrutando do momento:

AO REMATAR A EXPOSICIÓN RECOPILAMOS TODO O TRABALLO NUN MURAL E DESCUBRIMOS QUE HASTA HAI UNHA ESTRELA QUE TEN O NOME DUNHA DAS NOSAS ESCRITORAS FAVORITAS: A ESTRELA ROSALÍA. MOI CURIOSO.
FIXÁDEVOS QUE BEN QUEDOU!

sábado, 11 de abril de 2020
UN MUNDO REDONDO
O ENTROIDO DOS PROFES
O profesorado do centro disfrazámonos de globos terráqueos para simbolizar a importancia dos océanos no mundo. Así quedou a foto e aínda que faltan algúns esta é a imaxe de:
UN EQUIPO XENIAL!
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)






