Dentro do programa de Nadal 2025 do cole, tivemos unha visita á Biblioteca Pública Municipal de Vilalba. Para moitos dos pequechos era a súa primeira vez e encantoulles.
domingo, 21 de decembro de 2025
xoves, 4 de decembro de 2025
25 N: UNHA FRASE UNHA VOZ
Este ano, dende a BIBLIOROMÁN impulsamos unha campaña para o DÍA INTERNACIONAL PARA A ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA CONTRA AS MULLERES que leva por título "Unha frase,
unha voz".
luns, 3 de novembro de 2025
POLO SAMAÍN: CONTOS E DEBUXOS TERRORÍFICOS
O pasado día 30 de outubro celebramos por todo o alto o noso querido Samaín. Disfraces, caixas terroríficas, presentacións explicativas dos maiores...
Dende BIBLIOROMAN impulsamos un concurso que daba moito medo. As categorías foron:
- Creación de debuxos de Samaín para o alumnado de E. Infantil.
- Elaboración de contos de medo para o alumnado de E. Primaria.
Aproveitamos a conmemoración para inaugurar a radio do cole e retransmitir os contos dos premiados.
Houbo agasallos para todos.
Pasámolo de medo!
venres, 24 de outubro de 2025
24/10: DÍA DAS BIBLIOTECAS
Hoxe foi o Día das Bibliotecas.
Dende BIBLIOROMAN queremos recordarvos que a nosa biblio é moito máis que libros e lectura, é un espazo de aprendizaxe permanente onde hai diversidade de recursos.
Para celebralo, fixemos un mural cos debuxos dos libros favoritos do alumnado de todo o colexio e expuxémolo na entrada da nosa querida biblioteca.
Que vos parece?
mércores, 1 de outubro de 2025
NOVA TEMÁTICA DO PROXECTO ANUAL CURSO 25/26
Como xa é habitual nos últimos anos, contamos cunha nova temática para o proxecto anual que desenvolverá todo o centro.
Dende os máis pequeniños aos máis maiores traballaremos sobre...
ANTIGAS CIVILIZACIÓNS!
luns, 15 de setembro de 2025
CURSO 2025/2026
Iniciamos un novo curso no cole e por suposto voltamos coas actualizacións do noso caderno de bitácora da biblio.
Desexamos que disfrutedes tanto como o faremos nós.














.jpg)
.jpg)
.jpg)

