Para celebrar OS MAIOS, en colaboración coas familias, elaboramos unha alfombra de flores que lles encantou a tódolos nenos e nenas do cole xa que nos quedou así de ben:Ademais contamos coa axuda de Xabier Iglesias que nos explicou moitas cousas sobre esta festa e a maiores ensinounos uns bailes e cancións que nos fixeron disfrutar coas nosas tradicións. ...
07/06/22
10/05/22
DÍA DO LIBRO
Para conmemorar o DÍA DO LIBRO tivemos un obradoiro de expresión oral a cargo de Tarabela Creativa, no que o alumnado tivo a oportunidade de elaborar o seu propio conto e xuntos formar o libro das nosas historias.Tamén visitamos a BIBLIOTECA PÚBLICA DE VILALBA, onde nos explicaron o funcionamento da mesma e nos amosaron, sobre todo, os libros da sección de infantil, que nos gustaron moito. Aquí deixamos...
26/04/22
DÍA DA MULLER
Para celebrar o DÍA DA MULLER asistimos a unha representación de títeres sobre a igualdade que se titulaba "UNHA ARMADURA CON FERRUXE". Gustounos moito e estaba relacionada co proxecto da nosa biblioteca:Tamén levantamos os nosos escudos pola muller e a igualdade e en contra da violencia de calquera tipo. Puxémolos nun mural que nos quedou así de chulo: ...
06/04/22
ENTROIDO NO CASTELO DOS PEQUECHÁS
ESTE ANO PARA CELEBRAR O ENTROIDO, COLLEMOS OS NOSOS CABALOS E FIXEMOS UN DESFILE POLOS ARREDORES DO COLEXIO. ROMÁN VISTEUSE DE FESTA POIS TAMÉN NOS ACOMPAÑARON AS CHARANGAS.OS CABALEIROS, OS BUFÓNS, OS TROVADORES E OS DRAGÓNS, SAIRON DO SEU CASTELO E MONTARON UNHA FESTA FENOMENAL.AQUÍ QUEDAN ALGUNHAS FOTOS DO BEN QUE O PASARON: ...
16/03/22
SEMENTANDO PENSAMENTOS NO DÍA DE ROSALÍA
Para conmemorar o Día de Rosalía, plantamos uns pensamentos que eran as súas flores favoritas. Con isto, tentamos simbolizar as ideas que imos recollendo dela: a liberdade, o respecto ás mulleres, o valor de humildade; ideas todas que sacamos dos poemas que escribiu e que lemos antes de plantar.Fixádevos como fixemos con Rosalía o noso xardín e o noso ...
10/02/22
Aínda que sexamos diferentes, todos buscamos a paz
Para celebrar o DÍA DA PAZ os nenos e nenas decoraron con cores de paz un fermoso mural. Cada un fixo un pedaciño do mesmo e xuntos compuxemos a nosa pomba.Os de infantil traballaron moito facendo este fermoso decorado que pendura polos corredores do noso cole:A maiores quixemos coñecer persoas que traballaron moito pola paz. Escollemos algunhas e fixemos uns traballos sobre a súa vida e labor. Aquí vos...
26/01/22
VIVINDO O NADAL CON ILUSIÓN

Para comezar o Nadal, decoramos o noso cole por dentro e por fóra en colaboración coas mamás e papás. A neve cubriuno todo e os elfos e Papá Noel quedaron para observar a tódolos nenos do centro. Gustounos moito. Fixádevos que ben quedou: ...
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)